Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 11 de maio de 2012

Agustín Fernández Paz gaña o premio da AELG en Literatura Infantil e Xuvenil




O escritor Agustín Fernández Paz, con quen falou o alumnado de 1º da ESO pola rede através do skype no proxecto interdisciplinar A Feira das Nacións, recibiu este pasado sábado o premio da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil, pola súa obra Fantasmas de luz (Xerais).

Tamén estaba nomeado como finalista para o premio de narrativa para adultos pola súa novela Non hai noite tan longa (Xerais), pero foi finalmente Antón Riveiro Coello quen mereceu o recoñecemento á mellor novela, grazas a Laura no deserto (Galaxia).

4 comentarios:

Jennifer dixo...

Que sorte tivemos de falar con este escritor.

Noelia Casas García dixo...

Sí, tivemos moita sorte.

Belén dixo...

jo, pois con nós non falou,
ke sorte tivestedes!
:)

danielgonzaleztrazo@gmail.com dixo...

Eu non tiven a sorte de poder falar con el xa que videoconferencia fora para os de 1º ESO. Creo que é un bo escritor. Pero ainda que non o vira poideno ver por este video