Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 11 de maio de 2012

Pintamos o noso arredor de cor violeta

O pasado 30 de Abril Uxía, Tamara, Nuria e Sonia participaron no programa "Sumando todas" de Radio Ordes, un programa que pretende poñer un gran de area na loita contra a desigualdade entre mulleres e homes.
É este un tema ante o cal non admitimos desculpas. Ou eres cómplice da desigualdade ou loitas pola xustiza. 
Xunto cun grupo de alumnas do IES Maruxa Mallo de Ordes, entrevistamos a Gemma Lienas, autora de O diario violeta de Carlota, libro interesantísimo que deunos moito que falar este ano no Club de Lectura, e levounos a crear un foro na Aula Virtual do noso centro, onde imos comentando todo o que nos chama a atención dende a nosa mirada violeta. Queremos agradecer especialmente a participación masculina neste foro.(Sabede que gañades puntos entre o sector feminino, un home que desenvolve e amosa sen vergoña a súa sensibilidade vale por dous!!) Queremos escoitar o que pensades e sentides. A igualdade é un traballo en equipo que queremos construir entre tod@s.

Aquí vos recordamos o link do foro

Aquí vos deixamos o link do programa de radio (saimos a partir do minuto 8)

Escoitade que interesante conversa tivemos con Gemma que sabe tanto sobre as relacións de parella e non deixedes de compartir as vosas reflexións e comentarios.

Por certo...alguén sabe o porque desta cor violeta???

11 comentarios:

Jennifer dixo...

Eu non sei por que poñen cor violeta pero xo averiguarei.

Noelia dixo...

Que guayy=) Ímosnos facer famos@s!!

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Creo q o da cor violeta xa o explicamos aquí e tamén na exposición sobre As mulleres na historia. Alguén se lembra?

Noelia Casas García dixo...

Sí, eu sí. Era polo de que as mulleres que morreron estaban cunha tea viioleta cando sucedeu a sua morte.

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Exactamente,Noelia. Aquí vos deixo máis información (Copia e pega o enlace na barra de direccións, se fas click e non vai)http://blog.enfemenino.com/blog/seeone_483726_8849037/Dolor-de-mujer/LA-SUPUESTA-VERDAD-SOBRE-EL-LAZO-VIOLETA

Noelia Casas García dixo...

Sí, xa o vin :)

Belén dixo...

puff, a este ritmo imonos facer famo@s @s de trazo!!!

Jennifer dixo...

Claro pola tea que estaban tecendo, e que non sei que me estaba pasando pola cabeza, se estou chea de escoitalo.

Carmen Trazo dixo...

Bonita incursión das rapazas de Trazo nas ondas!

Noelia Casas García dixo...

Sí, bonitísima;)

danielgonzaleztrazo@gmail.com dixo...

Trazo tiña que ser oxala que a xente fale do noso colexio e veña mais xente