Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 28 de enero de 2013

A cara B do mundo editorial: Os nenos-libros de Bombai




Polo seu interese reproducimos este breve artigo tirado do dixital letraenobras sobre a difusión do libro e a súa comercialización por menores de idade sen escolarizar. Todo un paradoxo!!!

A cara B do mundo editorial: Os nenos-libros de Bombai
Canda China, a India é un dos países do mundo onde máis libros se falsifican. As mafias son quen de colocar nas rúas unha novela ou un ensaio no mesmo día que o fan as editoras e a menos da metade de prezo. Esta abraiante estrutura comercial ten como elo imprescindible os vendedores ambulantes, a maior parte deles menores de idade que buscan un xeito de axudarlle ás súas precarias economías familiares.

O pasado 4 de xaneiro a xornalista de orixe indio, afincada en USA, Sonia Faleiro escribía unha reveladora reportaxe no New York Times. Faleiro achegouse a falar con estes nenos para coñecer o seu día a día. E así puido ser testemuña de como rapaces que apenas puideron ir á escola pelexan cada día por vender “best-sellers” como a biografía de Steve Jobs mentres vixían que non haxa policías nas proximidades. Todo un paradoxo desta fenda social.

• Pódese ler aquí (en inglés) o artigo de Sonia Faleiro no New York Times

2 comentarios:

Noelia Casas García dijo...

Pobriños :S

Jennifer dijo...

En serio que fan isto só por vender máis??