Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 15 de xaneiro de 2013

Andel de Libros (XXV): Mutacións xenéticas, de Fina Casalderrey





A miña opinión sobre este libro é moi positiva.
Porque non sabes o que vai pasar no capítulo seguinte e así continuamente.
Tamén me gusta moito como se describen os personaxes e como actúan no desenlace e no nó os protagonistas.
O final prefiro o que ten o libro, porque o que inventei eu é un pouco triste e inxusto ao remate. O que ten o libro está moi ben e é moi interesante porque non imaxinas que un antigo compañeiro o vaia a secuestrar só por obter fama e cartos através do seu traballo. O que me gustaría é que o final contara un pouco da vida que Hadrián levou investigando na mesma línea do seu avó.
Pero aínda así está moi ben, a min gustoume moito.

Belén García Lijó (3º ESO)

1 comentario:

Jennifer dixo...

Parece moi chulo, ademais A RAG acaba de elixila como académica numeraria. Por algo será!!!