Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 16 de enero de 2013

Andel de Libros (XXVII): Poderosa, de Sérgio Klein


Poderosa, Sérgio Klein, Xerais



Un dos momentos que máis me gusta é cando Joana vai onda Júnior xa que descubrira que el era o seu admirador secreto. A pesar de que el era moi tímido e calado bícaa na fronte, na fazula, na punta do nariz e de aí á boca. E así os dous coma dous namorados bícanse profundamente. 
Este libro gustoume moito, foi dos que máis me gustou. Identíficome moito con Joana e coa súa vida xa que ela seméllase moito a min e moitos dos problemas que ten sonme moi familiares.
Eu non faría ningún cambio, pois todo está moi ben pensado e escrito.
A lingua foi moi fácil de entender xa que tampouco é unha lingua moi culta e o libro tamén o foi, a pesar de que ten bastantes personaxes e que tamén hai varias historias neste que se mesturan.

Cristina Deus García (3º ESO)

No hay comentarios: