Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 7 de febreiro de 2013

O portugués, unha xanela aberta ao mundo

Dende hai un par de días podemos botar un ollo á literatura en lingua portuguesa nos pasillos do instituto. Decidimos airear os libros en portugués dos que dispoñemos, para celebrar unha novidade/experimento que botamos a andar no Club de lectura: unha, ou máis ben dúas, lecturas nesta lingua que é, ou case, a nosa. Seis atrevidas chicas de 3º e 4º de ESO conforman este club e van ser as pioneiras do que pretendemos sexa unha continuidade nos vindeiros anos. (Abaixo á dereita podedes ver o que estamos a ler, pinchando encima das portadas dos libros.) 
Queremos agradecer a tod@s @s moz@s voluntarios que nos axudaron este martes a última hora a montar esta mostra, @s da foto. A exposición pretende ser un ánimo para que botedes un ollo  aos escritos nesta lingua, coa intención de descubrir que resulta máis sinxela do que pensabamos. Así nos está a suceder a nós.


4 comentarios:

Noelia Casas García dixo...

Está xenial!

Unknown dixo...

Que interesante!

Unknown dixo...

Que interesante!

Jennifer dixo...

Parece moi interesante, ademais o portugués non parece tan difícil.