Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 26 de febrero de 2013

Relatos de misterio (I): A IGREXA QUE PON MEDO DE NOITE, por Margarita Pombo Castro


A IGREXA QUE PON MEDO DE NOITE

Había unha vez uns homes que estaban sempre argallando trasnadas. De noite paseaban e de día dormían.

Un día colleron e foron á igrexa, e empezaron a andar arredor da igrexa ata que se lles ocorreu ir e facer un furado nunca tumba.

Van e colleron e foron a casa, colleron unhas pas e empezaron a cavar, pero pronto chegaba o día e tiveron que cubrir todo outra vez para que ninguén os vira.

Foron cada un para a súa casa e durmían de día. Colleron outra noite e foron cavar, desta vez xa levaban as pas. Empezaron a facer o furado pero só que era moi fondo e non chegaban abaixo e tiveron que volver a tapar a lápida do morto.

Volveron outro día e como xa foran outros días xa estaba mellor de cavar a terra, e xa sabían de que profundidade era e esa noite si terminaron de facer o furado.

Ergueron a lápida e viron un cadáver pero viron que algo se movía. Co susto eles taparon o furado e puxeron a lápida porque levaran un susto tremendo. Pero despois non sabían se ir o outro día ou non, pero foron valentes e foron e viron que había un morto e que onda o morto había outra persoa que estaba viva.
O vivo falou para meterlle un susto pero eles non levaron susto ningún porque xa o levaran o día antes e xa ían concienciados de que algo había porque algo xa viran. Empezaron a facerlle preguntas ao vivo :

-¿E que fas aquí?

-¿E quen te meteu aquí?

-¿Cómo chegaches ata aquí, e estás aí dentro?

O vivo que apareceu dentro da lápida non sabía como empezar a responder as preguntas de tantas que lle facían.

Pero o vivo empezou a contarlle unha historia na que eran tres amigos contando a el, e que empezaron a facer trasnadas e un día coincidiu no que pensaron, en ir á igrexa abrir unha lápida e así o fixeron. Pero o vivo non sabía que os outros dous amigos lle estaban argallando unha trampa.

Chegou o día e foron facer o furado e logo como era tan fondo empuxárono e logo non daba saído cara fóra pero estaba xa chegando o día e para facer a broma deixárono alí dentro. Taparon rápido e alí quedou ata hoxe, que eles foron esa noite a abrir a lápida e deron con el pero como estaba tan cambiado ningún dos vivos o recoñeceu e eran os seus amigos que o deixaran alí dentro.

Eles xa non se recordaban que esa era a tumba na que o seu amigo estaba alí, delgaducho, feo, etc , todo cambiado que non se recoñecían uns aos outros.

Ata que ese día levaran unhas pas e un foi por unha corda e el agarrouse a ela e así foi saíndo cara fóra.

Cada un foi cara á súa casa pero un levou ao amigo para a súa casa e alí o escondeu para que os da familia non levaran unha sorpresa moi grande para eles porque xa había moitos días nos que xa buscaran por el, pero os amigos xa o sabían pero calaron por medo.

Chegou o día e levárono á súa casa e comentaron a verdade xa aos da familia porque era moita sorpresa xunta a volvelo a ver a el e saber a verdade do sucedido.

Desde ese día xa non volveron facer outras trasnadas, porque pensaron que por culpa dese chiste moitas persoas sufriron, pero logo recuperaron a felicidade.

Todos volveron a ser amigos outra vez como se nada pasara.

Margarita Pombo Castro (3º PDC)

No hay comentarios: