Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 4 de marzo de 2013

Andel de Libros (XXIX): Cartas de amor, de Fran Alonso


Cartas de amor, de Fran Alonso, Xerais, Fóra de Xogo

O libro en xeral gustoume moito. Nunca lera libros con distintos relatos. Algunha que outra cousa custoume entendelas coma a carta “Zé, Volcán de amor”, foi un dos relatos que máis me custou entender, polo resto o libro está moi ben. O autor podía facer outro libro coas respostas ás cartas. Gustaríame moito saber se as cartas foron recibidas ou non.
Paréceme un libro bonito, entretido e sobre todo un libro que ten moitos sentimentos. Dende a primeira carta enganchoume porque é un libro no que quedas coa intriga de que vai seguir escribindo a persoa que escribe a carta. Paréceme que Fran Alonso quixo mandar mensaxes aos lectores sobre todo na carta “Confesión” que ainda que non che gusten os homes neste caso, podes confiar no teu mellor amigo ou en calquera outra persona de confianza.

Daniel González Iglesias (3º)

Cartas de amor é un libro que non ten dificultade para ler, apenas ten palabras descoñecidas.
O libro trata sobre cartas, e esas cartas conteñen a guerra, a inmigración, o franquismo, a pobreza, a prostitución, a presión social, a integración, a violencia etc.
As cartas son escritas por mulleres que viven en diferentes circunstancias vitais, persoais ou sociais.
É recomendado lelo xa que trata de varios temas diferentes.
O final non o cambiaría xa que trata cada un sobre un tema diferente e xa son apropiados os finais e comezos das cartas tal e como o teñen.


Margarita Pombo Castro (3º PDC) 

Gustoume o libro porque trata sobre temas interesantes. Gustoume o libro porque eran cartas curtas. Unha das cartas que máis me gustou foi a de “Ilegal”.
As cartas tratan sobre temas que poden suceder na vida real e indirectamente fai críticas sociais.
Gústame que trata sobre o que poden sufrir as persoas que están noutro país, porque se tivese que emigrar pasaría algo parecido. E, finalmente, tamén me gusta o libro porque é fácil de ler e é entretido e engancha.

Iria Fajín Casas (3º PDC)

No hay comentarios: