Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 11 de marzo de 2013

Andel de Libros (XXXI): As cousas claras, de Xosé A. Neira Cruz





Para min este libro foi un continuo misterio ata o final, xa que me quedaron moitas dúbidas por resolver.
Todo o libro é importante porque cada capítulo tratábao dunha maneira diferente.
Houbo unhas frases do libro que me namoraron:
-Porque ata os mundos que cremos máis auténticos e nosos necesitan de vez en cando unha sacudida.
-¿Que renuncie a miña pel e me vista de camuflaxe a xogo coa cor do mundo?
-Non me gustaría que o feito de facerme adulta significase converterme noutra persoa ou deixar de pensar como penso.
-Penso que debe haber moitos homes que se non expresan os seus sentimentos non é porque non o sintán, senón porque non están  afeitos a facelo ou porque está mal visto que o fagan.
-Porque ti guapiño es máis simple có mecanismo dun bastón.
-As mans que guindan as pedras adoitan ficar neses momentos máis agochadas ca nunca.
-Facer borrón e, pensándoo mellor, pasarse o polvorón.
-Só o que pon verdadeira paixón e capaz de apaixonar.
-¿Tanto lles custa ós homes falar co corazón?
-Nunca imaxinaría que o sexo  é o que nos puxo Deus ó crearnos para diferenciarnos dos anxos.
Ademais faría algún cambio no libro, pois o final desde que foron á casa do fontaneiro alí empezou a non gustarme e facérseme complicado de ler.
No tocante á lingua, cando empecei a ler o libro non me enteraba de nada, tiña palabras moi raras pero a medida que foi avanzando fun comprendendo mellor o texto.
 
Alba Docampo Noya  (3º PDC)

No hay comentarios: