Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 22 de abril de 2013

Andel de Libros (XLVII): Os vellos non deben de namorarse, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao





A min gustoume este libro porque é fácil de comprender, a lectura faise amena e ao ser teatro lese pronto, ademais a historia engancha. Cada lance conta unha situación diferente e é no final cando no epílogo se descobre que existe unha relación entres os tres lances, e se solucionan as dúbidas sobre os finais de cada lance. Tamén o prólogo axuda a crear unha idea de continuidade entres os lances e a introducir e presentar os personaxes máis importantes de cada un deles.
No referente a cada lance teño que destacar de cada un a parte máis divertida; no primeiro cando as mulleres se poñen a falar mal de Lela, no segundo cando o portugués di esta frase: “Cada bico unha leira... Cada bico unha leira... Non está mal! Pois polo que é polo que me deches a min, pódeslle pedir o pazo”, e no terceiro máis que achegarme algo cómico produciume tristura porque a diferenza dos outros dous lances, Pimpinela foi manipulada, e aínda que ten algo de culpabilidade, alégrome que ao final remate co mozo.
Polo tanto este libro gustoume porque reflicte o comportamento da sociedade galega noutros tempos.

Verónica Barreiro Calviño (4º ESO)

A min este libro gustoume moito xa que é moi entretido e fácil de ler.
Ademais este libro xa o lera na clase e xa vira a representación dun anaco (no que Don Ramón fala cos seus pais).
O vocabulario é sinxelo e non ten palabras moi difíciles de entenderlle o significado.

O final a min gustoume moito e penso que é a mellor maneira de acabar este libro.
O momento do libro que máis me gustou foi cando Don Ramón dialoga cos seus pais xa que é unha parte divertida. Ademais ó ver interpretado ese anaco axudoume a entendelo mellor e facer que me gustara máis.
Persoalmente o final a min gustoume moito xa que se xuntan os tres vellos xa mortos e dialogan das súas mortes e chegan os tres á conclusión de que non tiñan que terse namorado a esa idade.

Diego González Viqueira (4º ESO)

O libro gustoume, non me parece totalmente realista pero está moi ben. Aínda que o libro me gustara non estou nada de acordo con Castelao, xa que, en teoría, o amor non ten nada que ver coa idade.
Os finais están ben os dous, son distintos, xa que o que escribín eu é moi irreal, pero calquera dos dous podería quedar ben na obra.

Aínda que non estea de acordo con Castelao sobre o amor e a relación coa idade, Castelao tamén quere dar a ver, segundo o meu punto de vista, que non todas as relacións teñen un final feliz, sexa unha relación que vai ben ou unha relación mala.
O lance que máis me gusta é o terceiro, porque o vello que máis me gustou dos tres foi o señor Fuco e tamén foi a historia de “amor” que máis me enganchou a hora de ler.

Marta Brea Martínez (4º ESO)


O libro de Os vellos non deben de namorarse gustoume porque ten moita retranca.
Tamén me gustou porque mostra na escrita o modo no que antes se escribía. A escena que máis me gustou foi a do final porque se xuntan os vellos no máis alá.
O personaxe máis bo para min é o de Pimpinela porque se viu obrigada a casr cun vello e aínda que o vello morreu ela é infeliz.
O máis importante para min é a escena final onde se xuntan todos os mortos. O final que fixo o o autor está xenial dende o meu punto de vista. Para min a escena final é a máis importante de todas.

Iria Fajín Casas (3º PDC)

O momento máis importante para min é o terceiro lance porque mostra unha vista distinta, a rapaza non é cruel nin mal pensada.
Ela é a que non quere casar con Fuco mentres que a súa condición social a obriga, principalmente a económica, xa que non teñen recursos para manter a familia. Mentres que o que verdadeiramente quere é casar e prometerse co home que quere e non co que seus pais lle ofrecen.
O libro é interesante por algunhas das escenas como cando don Ramonciño lle pide bicos a Micaela e lle dá fincas por cada bico, e co risco de quedar sen capital.
O libro utiliza un vocabulario un pouco distinto ao que nós usamos na actualidade, con palabras que hoxe en día son menos utilizadas.

Tamara Muíño Bello (4º ESO)


Esta obra de teatro gustoume bastante porque foime moi fácil de ler.
Tamén foi fácil de comprender o contido sobre os vellos e ademais que poña os personaxes xa ao principio dos lances axuda moito por se te despistas un pouco á hora de estar lendo, e así botaslle un ollo aos personaxes e listo.
E tamén me gustou o contido que ten un pouco de humor, aínda que me gustaría que tivese máis aínda, para que non fose tan triste por todas as mortes dos vellos que se namoran daquelas mozas.
Eu animaría a xente a que lese este libro, porque está moi ben e lese con moita fluidez.
Tamén me gustou porquen en xeral os libros que lin de Castelao sempre me gustaron , e porque Castelao foi e é un moi coñecido autor galego.

                                                    
Bertín López Ramas (4º ESO)


A min este libro gustoume. É un libro de teatro, escrito por Castelao, e ten tres lances. O lance que máis me gustou foi o primeiro, aínda que todos son parecidos, porque en todos os lances deste libro morre un vello por namorarse dunha rapaza nova.
O momento que máis me gustou foi cando a morte lle pedía ao boticario que lle compuxera un feitizo para namorar, pero o boticario dicíalle que non.
O momento que menos me gustou foi a escena II, na que están o demo e a porca (dúas máscaras) facendo rir a unhas mulleres.
Eu recoméndolle ler este libro ás persoas que lle gusten os libros de teatro, porque é un libro fácil de ler, porque non ten demasiadas palabras descoñecidas, pero as que había tívenas que buscar no dicionario.

Alicia Veiras Noya (4º ESO)

No hay comentarios: