Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 3 de junio de 2013

Andel de Libros (LI): Poderosa 3, de Sérgio Klein


Poderosa 3. Sérgio Klein. Xerais.


Este libro gustoume moito coma ambos os outros dous libros da entrega, xa que segue contando a historia de Joana, pero tamén trata o tema do machismo e da loita contra el, ademais de ter momentos de amor e de amizade.

Hai moitos momentos moi interesantes e bonitos no libro, pero o que máis me gustou foi o último momento do libro, cando Joana converte a todo o mundo en estatuas excepto a ela e a João, para poder bailar así tranquilos. Paréceme precioso este momento, ademais de que mentres que bailan João dille a Joana que a ama en moitos idiomas, o que fai o momento aínda máis romántico.

Como cambios eu non faría ningún; paréceme que todo está moi ben escrito e dunha forma moi orixinal coa que te engancha plenamente á historia.

A lingua foi moi fácil de entender, xa que non é moi culta e a historia tamén foi moi fácil, máis que no anterior libro.

Cristina Deus García (3º ESO)

No hay comentarios: