Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 17 de xuño de 2013

Andel de Libros (LVIII): Comedia bífida, de Manuel Nuñez Singala




O momento máis importante para min foi ao final, cando se deron de conta de que as persoas ás que xulgaron non eran almas mortas senón que eran persoas que viñan a ver unha obra de teatro.
O momento máis emotivo para min foi cando ao principio o Arcanxo, Luci e mais San Pedro discutían e dicían palabras mal soantes, ás que Deus mandaba lóstregos para que non as dixesen.
E por último o momento máis interesante para min foi case ao final da historia cando falaban con Pepe porque era o único que falaba galego en toda a obra.
Agora para finalizar a miña valoración persoal dicirlle a todas as persoas que lean Comedia bífida pois é un libro co que che entran gañas de ler dende o principio ata o final sen facer unha pausa.
Kevin Martínez Costa (4º ESO)

Ningún comentario: