Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 5 de diciembre de 2013

Balda de Libros (XI): Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre


Unha presa de terra. Marilar Aleixandre. Ir Indo

Foi un libro que me gustou bastante, xa que trata dun homicidio moi interesante en todos os seus aspectos, con interrogatorios de todo tipo que levan a Ana e ós inspectores a descubrir satisfactoriamente quen foi o asasino. Recomendaríalle ler este libro a calquera persoa á que lle gusten os crimes.

O que máis me gustou do libro foi a intriga que garda ata o final e o momento no que Lorena lle disparou no xeonllo a Pepe, xa que iso demostra a valentía que teñen moitas mulleres en estos casos, non tan fáciles.

Cambiaría o momento no que Ana di que non vai denunciar a Pepe, xa que estes casos sempre deben ser denunciables, e máis se se trata dun individuo que xa cometera outro crime, como foi o asasinato da señora “Lulú”.

Para min un gran libro, con moitas accións interesantes!

Esteban Becerra Varela (4º ESO)

Persoalmente, este libro gustoume, xa que me gustan deste tipo, é dicir, de misterio, asasinatos e cousas polo estilo.

A pesar de ser un libro curto é un destes nos que te enganchas e queres seguir lendo para saber o desenlace final. Lin a edición de La Voz de Galicia polo que non sei se son os mesmos debuxo que no libro orixinal, pero gustáronme, son moi coloridos e axudan a entender a historia mellor.

Con respecto á lingua, o libro é fácil de entender. Como escena que máis me gustou non sabería con cal quedarme, pero quédome na que Ana vai xunta o inspector e lle di que o verdadeiro culpable é Pepe, xa que é un punto clave na historia.

Marta Otero Ramas (4º)

A narración Unha presa de terra gustoume moito xa que as historias de asasinatos e similares rematan gustándome xeralmente.
A pesar diso cambiaría algunhas cousas, como darlle máis importancia e máis aparicións a Rosa, a muller da limpeza e a cal descubriu o corpo de Lurdes xa sen vida.Tamén o final na parte en que Pepe Castro atopa a gravadora que tiña Ana Candeán agochada e logo de descubrila pégalle a Ana e está a punto de matala. Pois o cambio que faría eu sería que logo de agredila deixaríaa inconsciente e fuxiría no momento en que o inspector Couto e a policía o buscasen.
Aínda así a narración gustoume moito como xa dixen antes e as escenas máis importantes foron todas as que Ana foi ao piso de Pepe, dentro destas a máis importante para min foi na cal Ana xa case deixa a un lado o caso e vai para onda Pepe, non precisamente para seguir obtendo información para resolver o caso, e tamén me gustou moito a escena na cal collen a Pepe agredindo a Ana e o deteñen.

Damián Muíño Bello (4º)

No hay comentarios: