Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 10 de diciembre de 2013

Balda de Libros (XII): Aire negro, de Agustín Fernández Paz


Aire negro, Agustín Fernández Paz, Xerais

Para min o libro foi difícil de entender, porque mestura o real con ficticio pola metade do libro.
Ao principio pareceume un libro realista, que trataba sobre unha muller que perdera a memoria e o psicólogo intenta solucionalo, como pasa na vida cotiá, pero na metade do libro volvese ficticio co tema
da gran besta.
O que máis me gustou do libro é o misterio sobre a personaxe "a gran besta". Porque esta persoaxe é a que pon misterio no libro. A personaxe que menos me gustou foi Víctor.
O momento que e parece máis importante do libro é cando Víctor entra nunha cova para saber se o que Laura escribira era certo ou non.
Recomendo este libro á xente que lle guste o misterio e as historias ficticias

Daniel González Iglesias (3º ESO)

É un libro que me gustou moito, xa que engancha dende o primero momento e sempre queres seguir lendo para ver que e o que lle sucede. 
O único que eu lle cambiaria son algúns detalles que non están explicados no libro como por exemplo: porque Laura escribía o seu nome e o seu apelido compulsivamente. 
Despois o resto do libro está moi ben xa que o vocabulario é sinxelo, e deixa claro as situacións que está a describir. 
O que botei algo en falta foi a descrición dos persoaxes xa que me gustaría poñerlle cara, e hai algúns que non teño datos suficientes como o de Victor.

Sandra Noya Redondo (3º ESO)

O libro Aire negro pareceume intrigante a partir de que Laura empezou a redactar a historia. Aínda que o que máis me sorprendeu foi que a historia segundo Carlos fora realidade porque Carlos non cría en monstros.
O momento máis importante para min foi no campo aberto e hai unha tormenta correndo polo campo e cae porque tropezara cunha pedra e a sombra aparecéselle acercándose a ela e cando estaba preto dela cáelle un raio ao monstro, e soara coma un ruído dun animal.
O único cambio que lle faría sería que Carlos seguira coa Casa Grande de Lanzós e que todo o mundo quería ver onde lle ocorrera esa situación coma un museo, pero tamén me gustou o novo final.

Álvaro Noya Rey (3º)

No hay comentarios: