Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 11 de diciembre de 2013

Balda de Libros (XV): A Esmorga, de Eduardo Blanco-Amor



A verdade é que este libro é un deses libros que merece á pena ler. É unha lectura que cando levas un tempo lendo te acaba por enganchar e queres saber o final que neste caso é un tanto inesperado. 

Fala sobre temas que queremos esconder, esquecer como se non existisen pero que no fondo todos sabemos que hai e que haberá por moito tempo. Fala do abuso das autoridades e do estado das sociedades marxinais

Un libro fácil de resumir, con personaxes sinxelas, doado de ler, pero é necesario ter unha mente o suficiente madura e critica para chegar ao seu contido

Ademais a súa maneira de falar de Ourense o lugar onde acontece a historia fan ganas de visitar todo iso, faite viaxar ata eses sitios. 

Eu recoméndovos lelo, pois estou segura de que non vos decepcionara, a verdade é que do autor deste libro Eduardo Blanco-Amor me parece que os libros que fai son moi interesantes entretidos e sinxelos.

Raquel Sande Rodríguez (4º ESO)

Cando comecei a ler o libro pensei que non me ía gustar xa que a linguaxe é bastante complicada, mais ao final o libro acaboume gustando moito e cada día foime enganchando máis.

Hai varios momentos importantes, pero a min sorprendeume moito o momento do final da historia cando Cibrán colle a navalla e crávaa embaixo das costelas; non me esperaba que pasase iso para nada.

Como ben dixen, o libro gustoume moito e na historia non faría ningún cambio. Onde si que faría algún cambio sería na linguaxe, xa que é bastante difícil de entender, pois utiliza palabras que agora non se utilizan, ou que son dialectalismos de Ourense.

A historia para min foi bastante fácil de entender; non me pareceu tan difícil o libro como di moita xente. Paréceme que representa moi ben a sociedade da súa época e como pasaban o tempo daquela moitos homes, de taberna en taberna, e continuamente emborrachándose e de festa.

Cristina Deus García (4º ESO)

Gústame o libro, porque é breve e fácil, aínda que ten algunhas palabras coloquiais. Engancha rápido porque a historia fai que queiras seguir lendo.
O momento que máis me gustou de todos foi o de cando estaban no pazo e comeza a arder e marchan fuxindo.
Gustaríame que falase o xuíz para saber cales son as suas contestacións ainda que polo contexto xa se poden supoñer. 
Recoméndovos ler este libro porque a min gustoume, ademais aprendes moito vocabulario.

Iria Fajín Casas (4º PDC)

No hay comentarios: