Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 31 de diciembre de 2013

Despedindo o ano



Neste ano que se vai, vivimos convosco, compartindo lecturas, risas...momentos estupendos. Sempre vos dicimos que todo o que argallamos dende a biblioteca sen a vosa participación non tería sentido. E dicímolo de verdade !!
Aquí estamos hai unhas semanas compartindo cine coas exalumnas de 4º de ESO e con alumnas do 4º de ESO actual, como quedaramos en facelo o curso pasado. Nós todas, e Francesco, jeje,  devoramos conxuntamente a triloxía de Los Juegos del hambre, un dos grandes éxitos lidos no club este 2013.
Desexamos que este 2014 traia de novo lecturas con enganche que nos fagan disfrutar e compartir máis e mellor.

                      Feliz Aninovo !!

1 comentario:

Cristina Deus García dijo...

Grazas a vos por organizar os clubs de lectura :) Feliz Aninovo!