Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 17 de enero de 2014

Balda de Libros (XXI): Memorias de Tains, de Gonzalo R. Mourullo



Este libro titulado Memorias de Tains escrito por Gonzalo R Mourullo ten nove cartas diferentes con destinatarios distintos.
Ten carta ao lector, carta a unha noiva, carta a un debuxante, carta-xornal a un amigo, carta de un amigo, carta de S, carta sen direción, carta a unha noiva, carta a un irmán...,..
Estas son todas as cartas que se narran neste libro, como se pode ver son todas dirixidas a persoas diferentes.
A edición deste libro non leva ningún debuxo na portada pero isto non quere decir que  vaia  a ser aburrido ou non se vaia a entender, senón todo o contrario, é bo de ler.
Poucas palabras descoñecidas ten, acábase rápido de ler, unha carta non ten nada que ver coa outra, son distintas.
A xente despois desta valoración pódese animar a lelo  para coñecer xéneros diferentes e libros en forma de cartas etc, porque aparte de que son entretidas enténdense ben.

Margarita Pombo Castro (4º PDC)

No hay comentarios: