Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 23 de enero de 2014

Balda de Libros (XXII): Agosto do 36, de Xosé Fernández Ferreiro




Agosto do 36 sinceramente pareceume un libro bonito, que mostra a historia dos falanxistas, uns momentos moi presentes en Galicia para os nosos antepasados e que nós pasamos por alto.

Sinceramente o final non me gustou, esperábame outra cousa, pero ben, iso non quita que sexa un gran libro moi bonito e sinxelo de entender.

É unha historia cun flashback, porque empeza contando algo que ocorre no final. Polo tanto faise moi enriquecedor, a verdade recoméndovolo porque é fácil de resumir e de comprender.

Lédeo e penso que comprenderedes moito mellor o que se viviu en Galicia fai poucos anos, unha historia verdadeira que acontecía a cotío e penso que por iso me gustou aínda máis que do me gustaría.

Así que xa para rematar, lédeo e xa me contaredes se opinades o mesmo ca min ou o mellor encontrádelo dun xeito distinto dun punto de vista diferente. Ademais é un libro que engancha coa súa lectura unha vez que comezas queres saber o final para resolver a historia, é imposible non imaxinar o que vai pasar. Espero que vos guste.

Raquel Sande Rodríguez (4º ESO)


O libro está moi interesante xa que fala da época dos franquistas e dos republicanos. Nese período de vida era moi inxusto, cruel e sobre todo moi impactante porque aos falanxistas non lles importaba matar a calquera con tal de seguir tendo poder.

O que máis me gustou foi como Sara defendeu e protexeu ao seu home, sen importalle o que lle pasase a ela.

O que menos me gustou foi que despois dos grandes esforzos tanto da muller como do mesmo protagonista para poder saír ilesos e que finalmente collesen a Gregorio e o matasen.

Tampouco me pareceu ben a actitude dos habitantes do lugar por non axudalos porque entre todos seríalle máis fácil vencelos. E que o taberneiro o traicionase sendo el un dos afectados polos falanxistas.

Luisa Fernanda Marin Echeverri (4º ESO)


En Agosto do 36 atoparemos unha historia a partir de feitos reais de cando houbo a guerra civil en Galicia. E tamén dos coñecidos “paseos” que daban os falanxistas cando ían fusilar a alguén por ateo ou porque non cumpriu as leis. Deste paseos foron vítimas unha parella de mestres rurais nunha aldea da serra de Ourense nos primeiros días do alzamento militar.

Unha das cousas que máis me gusta da novela é que esta historia te absorbe nun ambiente de crueza e tensión. Aínda que no principio xa se revela como acaba a historia destes dous mestres, cousa que lle sobra. Xa que así habería máis tensión e enigma na historia.

Na miña opinión, é un gran libro que lle recomendaría a tod@s. Enténdese perfectamente. De feito, como é unha historia interesante e chea de tensión, é moi fácil de ler o libro. Sen dúbida, a min gustoume moito.


Belén García Lijó (4º ESO)

A min este libro gustoume moito; paréceme que está moi ben escrito, pois todo se describe e narra moi ben. Ademais non se sabe o que vai pasar ata o final, malia ser un “flash-back”, o que fai que non poidas parar de lelo ata descubrilo.
O momento que máis me chamou a atención é cando lle comezaron a disparar a Sara, tiro a tiro, ata matala. Eu pensaba que ía aparecer Gregorio e que a ía salvar, mais acaba morrendo.
Eu non faría ningún cambio nesta historia; para min todo está moi ben narrado e feito.
Paréceme un gran libro que, ademais, ten lugar na época da Guerra Civil, unha época moi dura e mala.
A lingua para min foi moi fácil de entender, aínda que si que hai palabras que non coñecía e tiven que buscar no dicionario.

Cristina Deus García (4º ESO)

No hay comentarios: