Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 19 de enero de 2014

Fálase en Compostela do noso Club de Lectura

Onte tivemos a oportunidade de presentar parte do noso proxecto do Club de Lectura na Librería Ciranda en Compostela. Tratábase de presentar o funcionamento do noso Club de portugués. Para iso, Francesco desprazouse a Compos para participar nunha mesa redonda con outr@s coordinadores de clubs e compartir experiencias. Orgullos@s das lecturas compartidas co alumnado, lembrámosvos unha vez máis que o proxecto do Club de Lectura, como case todo o que facemos dende a biblioteca, carece de sentido se non sentimos que vos interesa e que o disfrutades connosco.

Este é o cartel das Xornadas: 





Imaxes vistas en Facebook (Ciranda, Á volta do portugués)

No hay comentarios: