Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 18 de marzo de 2014

Balda da Libros (XXXIV): As cousas claras, de Xosé A. Neira Cruz



Este é o primeiro libro que leo de Xosé A.Neira Cruz e gustoume moito por varias razóns. Unha delas foi porque mostra que a xente pensa as cousas de forma negativa, e que á fin e ao cabo non sempre teñen a razón senón que se equivocan.
Tamén conta ben como hai xente que crítica aos demais de forma destrutiva mentres que eles só intentan facer o mellor. 
Outra cousa que me gustou moito foi que os personaxes teñen as súas propias ideas, que non se deixan manexar pola outre xente.
O momento que me pareceu máis importante foi cando Marga e Afonso van cara á casa de Elías, xa que é un momento clave da historia. 
O libro está moi ben pero eu faríalle un cambio ao final, daría algo máis de datos sobre como ocorren as cousas.
A linguaxe non era complicada de entender.

Sonia Pumar Muíño (3º ESO)

Ningún comentario: