Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 10 de junio de 2014

Balda de Libros (LXII): Salitre, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón




Este libro gustoume moito, a verdade é que me sorprendeu, nunca pensei que fora ler un libro de teatro que me gustara tanto.

Gustoume moito a forma que ten de mostrarnos que o que algo quere algo lle custa, pero que ó final todo se pode acabar conseguindo.

O que máis me sorprendeu foi que Marina aceptase sen poñer ningunha escusa para non ir con el para Rianxo, esperábame que pasase algún imprevisto que fixese quedar a Marina.

Non sabería dicir que foi o que menos me gustou deste libro, xa que é moi sinxelo de ler, os personaxes están moi ben caracterizados, ben talvez creo que é algo complexo polo tema de que non se sabe porque desapareceu o mar, en ningún momento o cita.

Polo resto un libro moi bonito que nos ensina o cariño que lle temos ó lugar no que nacemos.

Alba Docampo Noya (4º PDC)

Esta obra de teatro gustoume por un motivo, porque tratra sobre un mariñeiro que lle encanta pescar e lle encanto a seu traballo e a min gústame o peixe, ben non todo e tamén me gustou porque fala dun barco grande de ferro que deben ser os barcos que transportan o petróleo e contaminan moito. 

Isto é unha realidade porque aínda eu me acordo do Prestige que manchou toda a costa e deixouna toda negra, porque a día de hoxe aínda quedan restos. E iso había que evitalo.

A min o momento máis importante da obra foi o final cando os dous, Manuel e Marina, xuntos recuperan o mar. 

O que non me gustou nada foi o momento que a otra muller da obra quería cambiar a Manuel por outra persoa que el non era. O personaxe que máis me gustou foi Mariña porque grazas a ela recuperaron o mar.

Martín Mesías Remuiñán (4º PDC)

No hay comentarios: