Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 25 de junio de 2014

Balda de Libros (LXXXVI): As actas escuras, de Roberto Vidal Bolaño


As actas escuras, Roberto Vidal Bolaño, A Nosa Terra.

(Con este comentario pechamos neste curso a sección que se chamou Balda de Libros. Foron un total de 86 títulos diferentes de narrativa e de teatro, aínda que moitos deles foron lidos por varias persoas.
Boas lecturas de verán, e que sexan por pracer e non por obriga!!!)

Aínda que ao comezo me custou un pouco comprender a historia, finalmente gustoume máis do que pensaba. O conflito que presenta esta obra sobre o enfrontamento entre a ciencia e a relixión, que ao mesmo tempo arrastra outros entre a verdade e a mentira e entre o correcto e o fácil, pareceume moi interesante e tamén algo que podemos atopar na nosa realidade hoxe en día.

Tamén me chamou a atención a decisión e a seguridade que amosan os protagonistas á hora de exponer as súas opinión e teorías.

Algo que me cansou bastante á hora de ler foron algunnhas partes do final, nas que abundaban as intervencións moi longas e de linguaxe algo complexa, as cales disminuíron un pouco o meu interese na lectura.

Polo demais, pareceume unha obra moi elaborada e a cal recomendo sen ningunha dúbida.

Miriam Castro Deus (4º ESO)

No hay comentarios: