Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 20 de noviembre de 2014

Andel de Libros (I): As cousas claras, de Xosé A. Neira Cruz



Un novo curso 2014/2015 e continuamos coa publicación deste apartado da bitácora da Biblioteca do CPI de Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega. 

Desta volta vaise chamar Andel de Libros e o primeiro alumno en achegar material crítico para o noso recuncho de lecturas foi Xosé Barreiro Hernández (3º ESO), aínda que observamos este curso moita preguiza xa que estamos a finais de novembro, cando noutros cursos a estas alturas xa tiñamos publicado máis dunha ducia de comentarios. 


Este libro gustoume moito, xa que fala de moitas cousas que hai na escola. Non digo as cousas claras, senón os mestres “bos” e xente á que non lle importa o que os demais digan deles…
Outra das cousas polas que me gustou o libro foi porque mostra que a xente pensa as cousas de forma sempre negativa, e que ao fin e ao cabo, non sempre é así. Tamén relata ben como algunha xente critica aos demais de forma destrutiva, mentres que eles só intentan facer o mellor posible.
Tamén me gustou que os personaxes se parecen moito á xente real, que podemos coñecer na vida.
Gustoume moito a valentía coa que os rapaces actúan.
O único que non me gusta é o final, porque é moi rápido e con poucos datos. 
Recomendaría o libro sen dúbida.

José Barreiro Hernández (3º ESO)

No hay comentarios: