Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 5 de junio de 2015

Andel de Libros (XXXIII): Matilda, de Roald Dahl



Este libro gustoume, moito non. Digamos que me gustou moitísimo. Este libro fíxome rir en case todas as escenas, aínda que nalgunhas escenas deixoume un pouco pasmado. 

O meu personaxe preferido é Honey, porque, xunto con Lavender, son as únicas que se preocupan por Matilda. 

Destacaría varios momentos: os tres milagres, cando lle pega o sombreiro na cabeza a seu pai, cando lle botaron o bicho na auga á directora… Pero de entre todos aqueles momentos, o mellor foi cando o xiz comezou a escribir só no encerado. 

Recomendaríalle este libro ás miñas dúas mellores amigas, xa que estamos sempre a rir. Pero como xa o leron,  pois recoméndollo a un grupo de Whatsapp, porque tamén estamos sempre rindo. 

Eu non lle faría ningún cambio, todo está moi ben. Mais se teño que cambiar algo, sería ao final, deixaría a Harry con Matilda e a señorita Honey.

Daniel Castro Álvarez (3º ESO)

A min este libro fascinoume porque Matilda é unha nena loitadora e moi lista, que se esforza por aprender.

A parte que máis me gustou foi cando descubriu o seu poder e lle tirou a xerra por encima á directora porque a directora quedou mal, sen poder castigar a ninguén, esa parte tamén me pareceu graciosa.

A señorita Honey pareceume una persoa con gran corazón por como defendía os nenos ante a directora, por como lle aprendía a Matilda cousas do seu nivel e por acoller a Matilda con ela.

A parte que menos me gustou foi cando o pai de Matilda lle rompeu o libro que collera prestado da biblioteca municipal.

Os plans de vinganza de Matilda parecéronme moi intelixentes porque nunca se daban conta de que fora ela.

Recomendaríalle este libro a Dani e a Irea, pero xa o leron porque os tres viramos a película.

Laura Mariño Rey (3º ESO)

Para min a parte máis interesante e importante do libro foi cando Honey invitou a merendar a Matilda a súa casa e esta lle preguntou porque vivía desa forma e ela lle dixo que a súa tía Trunchbull lle fixera pagar por todos os anos que a estivera mantendo na súa casa, por iso vivía así. Aí é cando dá lugar ao final.

A parte máis triste do libro pero a que me deu tamén máis graza para min, foi cando Trunchbull llo facía pasar mal aos nenos,berráballe sen razón e facíalle cousas horribles.

A lingua non foi moi difícil, xa que é un libro para idades coma a nosa, máis ben para a etapa antes da adolescencia. Na historia non faría ningún cambio, está perfecto.

O libro gustoume moito e recoméndollo aos nenos de entre 13 e 15 anos,xa que non ten un vocabulario moi difícil e é máis ben un libro infantil.                   

Irea Ríos Casas (3º ESO)

No hay comentarios: