Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 20 de noviembre de 2015

A tradición oral da nosa zona pervive nos contos de María da Pontragha


O pasado día 29 de Outubro, celebrando o outono, o Samaín e o Día das bibliotecas, escoitamos os relatos da nosa zona recollidos por María da Pontragha e disfrutamos das súas anécdotas e historias, das súas personaxes impactantes como a Joaquina, que levaba un machete en cada man e que chegara de Cuba para vivir na aldea. Era unha muller brava que non dubidaba en cortar o pescozo a quen lle ofendía. 

Rimos moito cando María relataba o momento no que un rapaz regresa á aldea falando castelán e ten unha conversación co seu avó. No vídeo podedes escoitar como escachamos coa risa

video

Estas eran as nosas caras de expectación ante os relatos que contaba María


E aquí podemos vela, entregadísima para nos comunicar ese legado da tradición oral dos nosos avos e avoas




1 comentario:

Oscar Iglesias Dominguez dijo...

A min esta actividade gustoume moito porque nos reimos con todo os que nos contaba, ainda que fora de medo, porque pola súa forma de contalo facía que dera gracia.Tamén me pareciu moi ben que non foran contos de fóra senón que eran da zona(Trazo, Bembibre...).