Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 26 de noviembre de 2015

Balda de Libros (I): A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor


Un novo curso 2015/2016 e continuamos coa publicación deste apartado da bitácora da Biblioteca do CPI de Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega. 

Desta volta vaise chamar Balda de Libros e o primeiro alumno en achegar material crítico para o noso recuncho de lecturas foi José Luis Mirás Otero (4º ESO), aínda que observamos este curso moita máis nugalla e preguiza ca nunca pois está a rematar novembro, cando noutros cursos a estas alturas xa tiñamos publicado máis dunha ducia de comentarios. 


A min este libro gustoume moito principalmente porque é gracioso pero ao mesmo tempo trata temas sociais moi importantes como os barrios marxinais, o alcoholismo ou tamén os malos tratos ás mulleres que é un problema que está moi presente tanto no libro como na vida real. 

Para min todos os personaxes teñen o seu papel esencial no libro, por iso non quitaría a ninguén nin tampouco engadiría nada. A novela engancha moito porque non te esperas as accións que van facer os personaxes. 

Eu do libro non cambiaría nada porque  tal  como está expresa moi ben as ideas que quere dar e ó mesmo tempo é entretido. Á parte do humor tamén se demostra a humildade coa que se vivía en Galicia nesa época. E o capítulo que máis me sorprendeu foi cando Cibrán se suicidou coa navalla. 

Este libro recomendaríallo á xente que lle gustase ler e que lle guste que trate temas sociais con cousas cómicas.

José Luís Mirás Otero (4º ESO)


Paréceme que esaxera moito, toda a troula que fan os personaxes. Cibrán fai sempre o que queren os compañeiros e ó final moito bo home, moito non sei que e encántalle a festa coma os demais.

Iso foi o único que non me gustou moito, polo demais o libro está moi ben. Gústame moito ese rol que teñen os personaxes na historia, sobre todo cando se meten en pelexas e fan o que queren, que ao final son felices os tres xuntos sen darse conta.

Persoalmente o libro pareceume impresionante xa que ten misterio, ación e comedia. A escena que mais me gustou foi cando Cibrán estaba indo para traballar e os outros dous andaban de festa, porque vese que a el lle encanta a festa e andar por aí. 

Recomendo ler este libro porque é divertido de ler, pois a verdade é que non me gusta moito facelo e tardo moito en lelos, pero este foime moi ameno.

Iván Rodríguez Paredes (4º ESO)

Este libro foi un dos que máis me gustou dos que levo lido ata agora.

A narración para min é moi divertida , xa que vai sobre unha banda de tres homes que están borrachos e fan moitas cousas na historia, por exemplo ir de taberna en taberna e de festa en festa.

A narración é como se foran dúas historias nunha, xa que unha delas sucede no presente e a outra no pasado, porque vai dun home que vai ó xuíz e ten que contarlle a historia sobre o que fixo ou o que viu. Eu animo a que leades porque é moi divertida, ademais dános a coñecer como vivia a xente naquela época.

O momento que máis me gustou foi cando Cibrán se matou coa navalla ante o xuíz ao enterarse que foi culpable.  

Recoméndollo a todos, porque é moi fácil de ler e mais a historia que conta engánchate, pois dunha vez que empezas a ler non podes parar a lectura porque é unha historia moi bonita, malia ser dura.

Sergio Arias García (4º ESO)


Sorprendeume o final deste libro, pois non me esperaba que Cibrán, o protagonista, fose morrer. 

A parte do libro que máis me gustou, foi cando o Milhomes e o Bocas pelexaron e lle prenderon lume ó pazo dos familiares do Milhomes. Aínda que. como dixen, escena máis importante de todo o libro é o final, porque é cando Cibrán se espeta a navalla despois de que o xuíz o mande ó calabozo.

O meu personaxe preferido é Cibrán porque, á parte de ser o protagonista, era o único personaxe algo respectuoso. Cando a prostituta lle dixo a Cibrán que o Bocas matara a un home a noite anterior, pensei que os ía perseguir a garda civil e acabarían todos no cárcere. 

Este libro é bastante fácil de ler, ainda que ten saltos no tempo, non é como outros libros que son difíciles de comprender, non me gustou tanto como o de Males de cabeza, de Fran Alonso, pero recomendo a novela de Blanco-Amor porque tamén me gustou.

Adrián González Lage (4º ESO)


Deste libro, a verdade é que non teño personaxe preferido, mais destacaría a Cibrán, polo feito de ter algo máis de sentido que os outros dous esmorgantes. Impresionoume que os tres personaxes principais, morreran. Non é moi habitual nas historias, que os personaxes principais morran. Foi una das cousas que me máis me gustaron  do libro. 

A miña parte da historia preferida, foi, sen dúbida alguna, cando van ver aquela fermosa muller, que resulta ser una boneca. Tamén me gustou moito a escena na que van ao pazo no que vive un pariente do Milhomes, e lle prenden lume.  

Para min, a historia foi doada de entender, emprega una linguaxe bastante fácil. Eu recomendaríalle este libro a calquera persoa que lle guste ler. Por dicir alguen, a miña amiga Irea porque sei que a ela lle gusta ler, e esta é unha lectura moi interesante.

Daniel Castro Álvarez (4º ESO)


Este libro pareceume moi entretido, tanto pola historia en si como pola forma na que está contada. O  vocabulario e a forma que ten Cibrán de falar é bastante distinta á que estou acostumado na miña zona, pero de todos modo, faite pensar nalgunhas palabras pero enténdese ben e sácanse polo contexto.

O meu personaxe favorito é Cibrán, que ademais de ser o que conta toda a historia, é o máis honesto dos tres. Outra cousa que me gusta deste libro é a forma de narrar a historia, porque o fai dunha forma campechá e algo bruta, o que resulta divertido e entretido.

O final do libro está tamén moi ben, aínda que me desgustou algo que acabasen morrendo os tres personaxes principais, gustaríame que polo menos Cibrán non morrese, pero está ben porque me pareceu un final inesperado.

Recoméndolle este libro a calquera persoa, aínda que o vocabulario pode resultar algo difícil pero en resumidas contas é bastante entretido, a min persoalmente gustoume moito.

Adrián Landeira Pose (4º ESO)


Este libro encantoume, xa que é moi entretido, o que máis me sorprendeu del foi o final, porque non me esperaba para nada que Milhomes lle cravase unha navalla a Cibrán e logo ao Bocas, xa que non tiña razóns suficientes como para matar aos seus amigos.

O que non me sorprendeu foi que Cibrán tivese que volver ao "cuartelillo"  xa que era un home moi problemático, pero aínda que fose moi problemático é tamén o meu personaxe favorito.

En canto á escrita custoume entender algunha que outra palabra, xa que ten moitas palabras que proceden da zona ourensá, no sur de Galicia, e eu usei sempre as da zona compostelá.

Este libro creo que é unha especie de "moralexa" para todas as persoas que pensan que se empezan a beber alcohol non vai ter malas consecuencias.

Sen dúbida recomendaríalle este libro a todo o mundo, xa que é moi interesante.

Manuel Vázquez Noya (4º ESO)

Este libro foi un dos maís bonitos que levo lido. Recoméndollo a todos os que lle gusten as festas en concreto, porque é moi fácil de ler e mais a historia que conta engánchate. Dunha vez que empezas a ler non podes parar porque é unha historia moi bonita, sempre te ten intrigado sobre o que vai suceder. A historia para min é moi divertida, xa que vai sobre unha banda de tres homes que están borrachos e fan moitas cousas na historia, como por exemplo prenderlle lume a un pazo.
A historia, é como se foran dúas historias nunha, xa que unha historia sucede no presente e outra no pasado. Porque vai dun home que vai ó xuiz e ten que contarlle a historia sobre o que fixo ou sobre o que viu. O momento que máis me gustou foi cando Cibrán se matou coa navalla ante o xuíz ao saber que ía ir ao cárcere.
Eu, anímovos a que leades esta novela porque é moi divertida, ademais dános a coñecer como vivía a xente naquela época.
Samuel Vieites Abelenda (3º ESO)

No hay comentarios: