Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 2 de febrero de 2016

Non é amor

Achégase o San Valentín, e como cada ano, aproveitamos para botarlle un ollo ás nosas relacións
amorosas de parella preguntándonos se é amor o que as manten. Iremos desenvolvendo ideas relacionadas con este tema, que tanto nos interesa e importa.

En 4º de ESO, aproveitamos de vez en cando para reflexionar sobre estes temas, e parece que temos claro que con frecuencia non identificamos claramente certas "enfermidades" que intoxican as relacións. Compartimos hoxe parte dun manifesto elaborado a partir de reflexións do alumnado e lido nun acto na escola o Día Mundial contra a violencia machista, o 25 de Novembro:




(...) pode parecer amor, pero non o é.


Hai persoas que controlan, dominan, manipulan e se obsesionan coas súas parellas. Pódense dar mostras de amor, pero hai que poñer límites. Cada un ten dereito a facer o que queira facer, sen que a súa parella teña que intervir para chantaxealo emocionalmente, e o peor é cando isto está a suceder e ti non te das conta ou non te queres dar conta. Estas situacións de maltrato psicolóxico son máis habituais do que pensamos.

Tes unha idea falsa do amor se este inclúe controlar, dominar, manipular e chantaxear. Non tes dereito a facelo. Non está ben. Unha relación así non é unha relación sana. A xente que fai esas cousas ten un problema que debería solucionar para poder vivir unha relación sana nun futuro.

Se chegas a ter unha relación deste estilo, pensamos que é mellor deixar a esta persoa. É mellor estar só ou soa a ter estes problemas.



1 comentario:

samuel castro dijo...

Me gusto mucho porque me parece una buena manera de que las parejas se traten bien y es mejor quedar solo