Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 21 de abril de 2016

Catálogo (incompleto) das árbores e arbustos en Trazo



(Reprodución dun cadro do artista surrealista belga René Magritte)

Unha pequena parte do alumnado de 3º da ESO elaborou fichas para un “Catálogo das Árbores e Arbustos en Trazo” con léxico e definicións recollidas de varias persoas informantes en diferentes parroquias do Concello de Trazo. A posta en común deunos este resultado.

AUTORES: Fernando José Couselo Noya, Nerea González López, Laura Martínez Calvo e Samuel Vieites Abelenda.

INFORMANTES:
María Castro Landeira, 72 anos (Albar, Xavestre)
Avelino M. Martínez Bello, 46 anos (Benza)
Josefa Miramontes Noya, 73 anos, e José Vieites Candeira, 78 anos (Casal, Vilouchada)
María Josefa López Pérez, 42 anos (Ponte, Chaián)

CATÁLOGO (INCOMPLETO) DAS ÁRBORES E ARBUSTOS EN TRAZO

A
Abeleiro: Árbores que adoitan ser pequenas. As follas son anchas e ovaladas, terminadas en punta. Caduca. Dá abelás.
Abeneiro (Ameneiro): É unha árbore de folla caduca. O seu tronco é alongado. Medra en zonas húmidas. A súa madeira é aproveitable para diversas cousas. // Adoita habelos na beira do río e dá unha especie de flor alongada de cor marrón, folla redonda e grande. // Árbore de folla ancha e ovalada. Altura media. En lugares con moita auga. Caduca. Sen froito.
Acacia: Árbore que chega a 35 m. Normalmente. As súas follas son alongadas. Poden ocupar moito espazo. Da familia das mimosas. Perenne. Sen froito coñecido.
Acivro: É un arbusto de folla perenne, a súa madeira é moi dura, ten unhas follas pinchosas que se usan para decorar. O seu froito é de cor vermella, pero é tóxico. // Árbore que pode medir ata 20 m. E vivir ata 500 anos. As follas son ovaladas con puntas que teñen espiñas. Perenne. Dá boliñas vermellas que son velenosas.
Alcolitro* / Alcuelito* (Eucalipto): É unha árbore de folla perenne de crecemento rápido. As súas follas desprenden un cheiro que ten propiedades medicinais. Ten unha pel moi lisa, a súa madeira é aproveitable. //  De tronco adoita ser moi longo e dereito, ten poucas pólas e dá unhas boliñas nas que dentro ten a semente.
Ameixeira: É unha árbore froiteira de folla caduca. Ten unhas follas verdes e pequenas. As súas flores son brancas, bota un froito, a ameixa, que pode ser morada ou verde. // Tronco liso e dá un froito que son as ameixas e son vermellas. // Árbore de pouca altura e estreita. Follas pequenas e redondas. Caduca. Dá ameixas.
Ameixeiro: No tronco ten espiñas e dá un froito negro con forma de oliva.

B
Bedueiro (Bidueiro): É unha árbore de folla caduca, medra nas zonas húmidas. Ten un tronco recto, ten a pel branca e lisa. A súa madeira é aproveitable. // Cortiza branca e a madeira tamén. Dá un froito parecido a unha piña pero máis alongado. // Árbore de folla pequena e arredondada. En calquera lugar. Caduca. Sen froito.
Bieiteiro: É un arbusto, medra en zonas rochosas. Ten unha flor branca, que dá como un racimo* de bólas negras. Ten un tronco foco cunha substancia esponxosa dentro. //  É unha especie de arbusto que ten flores brancas e o interior das súas pólas é como esponxoso. // Arbusto baixo de altura. Follas alongadas e delgadas. Utilízase para cando te picas coas estrugas (ortighas*). Caduca. Dá unhas boliñas negras.
Buxo: É un arbusto de folla perenne. O seu crecemento é lento, a súa madeira é moi dura e moi apreciada. Utilízase para facer cerrados nos xardíns. Ten unhas follas moi pequenas e verdes. Ten as ramas moi compactas. // É tipo arbusto con follas miudiñas e bastas, tronco retorcido e con moitas ramificacións. Non dá froito. O tronco é verdoso. // Arbusto pequeno. As follas son pequenas e redondas. Perenne. Dá potes. // Dá pequenas boliñas tóxicas.

C
Carballo: É unha árbore de folla caduca, dáse principalmente nos montes, a súa madeira aprovéitase para diversas cousas. O seu froito son as landras. // Madeira moi dura e pólas moi torcidas. Dá un froito que é a landra. Cáenlle as follas (caduca). // Árbore que pode chegar aos 50 m. Ocupa moito espazo. As follas son dentadas, “lobuladas”. Caduca. Dá landras.
Castaño / Castiñeiro): É unha árbore de folla caduca. O seu tronco é groso e aprovéitase a súa madeira para facer mobles. O seu froito, a castaña, está dentro dos ourizos. As súas follas son verdes e alongadas. // Follas grandes e alongadas e o froito, que é a castaña, vén nun ourizo. // Árbore que pode chegar aos 40 m. As follas son ovaladas e dentadas, con bordes en forma de serra. Caduca. Dá castañas.
Cebro (Acivro): Follas con espiñas e dá un froito con forma de bólas pequeniñas e vermellas.
Carqueixa / Queirogha*: Non ten follas, é unha especie de arbusto duro, de cor marrón e dá unhas flores de cor tirando a viño.
Cereixeira: Árbore froiteira, baixa e de copa ancha. Dá cereixas.
Chorón: É unha árbore de folla caduca. Pode alcanzar varios metros de altura. Ten un tronco groso e as súas ramas tenden a colgar para abaixo. As follas son verdes e alongadas.
Cirighueleira* (Cerdeira): Árbore de pouca altura e estreita. A folla é pequena e ovalada. Caduca. Dá ciruelas*.
Claudieira: Tronco rugoso, pólas bastas e dá un froito que é a claudia e é amarela.
Codesos: É un arbusto de folla perenne. Alcanza sobre dous metros. As súas follas son pequenas e con flores amarelas. Medra nos montes.

F
Figheira* (Figueira): É unha árbore froiteira de folla caduca. O seu tronco é groso e ten a madeira de cor branca. As súas follas son grandes e de cor verde. Non ten flores, pero ten un froito, o figo, que o ten dúas veces ao ano. // A madeira por dentro ten unha especie de esponxa ou espuma. Ten as follas moi grandes e fan tres esquinas. Dá un froito que é o figo. // Árbore froiteira, con follas grandes. Caduca. Dá figos.
Freixo: É unha árbore de folla caduca. O seu tronco alcanza pouca, ten unha madeira branca. Medra nas beiras dos ríos ou en zonas húmidas. Ten unhas follas pequenas. // altura Árbore. Planta de 15 a 20 m. De altura. Madeira moi dura. Follas alongadas e con dentes. Caduca. // Daba madeira para facer os carros antigos.

L
Laranxeira: Árbore froiteira, baixa e de copa ancha. Dá laranxas.
Limoeiro: Árbore froiteira, baixa e de copa ancha. Dá limóns.
Loureira: Loureiro moi pequeno.
Loureiro: É unha árbore de folla perenne, as súas follas son utilizadas na cociña como condimento ou para a mediciña*. Pode ter unhas flores brancas e as súas follas son verdes e ovaladas. Hai dous tipos de loureiro, o común e o real. // Árbore de talla baixa. Follas alongadas e delgadas. Perenne. Dá unhas boliñas negras.

M
Maceira: É unha árbore froiteira de folla caduca. Ten un tronco pequeno e de copa redondeada. O seu froito é a mazá, hai varias clases, de cedo ou de tarde. Reprodúcense por semente ou por enxertos. Ten unha flor branca. Hai varios tipos como a filluda, tren en rama... // Árbore froiteira, baixa e de copa ancha. Dá mazás.
Mimosa: É unha árbore de folla perenne. Ten unhas follas compostas verdes, botan uns racimos* de flores amarelas perfumadas. Caracterízanse pola súa madeira leñosa e porque se reproducen con facilidade. //Tronco delgado e alto, dá moitísimas flores amarelas, con pelusa ao redor.

N
Nogueira: É unha árbore caducifolia de gran tamaño. Ten unha madeira dura con cortiza gris e lisa. Non dan froito ata que teña dez anos. As súas follas son verdes e grandes, en forma de triángulo. Ten unha flor en forma de verme, despois ten o froito, a noz, que está protexida por unha casca moi dura. // Cortiza medio branca, follas redondas e dá un froito que é a noz e vén envolta nunha cortiza verde. // Árbore de follas anchas e grandes. Altura media e madeira moble. Caduca. Dá noces.

O
Olmo: É unha árbore froiteira de folla caduca. O seu tronco pode chegar a ser moi alto, a súa madeira é branca e pódese aproveitar. Reprodúcese moi fácil por espetos. Ten unhas follas grandes e verdosas. //  Árbore alta e con poucas pólas, coas follas case redondas e parecidas ás do abeneiro. Cortiza verdosa clara e fibra.
Oliveira: Especie de arbusto, follas miudiñas e moitas pólas. Dá olivas.

P
Pereira: É unha árbore froiteira de folla caduca. Ten un tronco pequeno e de copa redondeada. O seu froito é a pera. Dá unha flor branca. As súas follas son pequenas e verdes. Hai varias clases como limoeira, manteca*... // Árbore froiteira, baixa e de copa ancha. Dá peras.
Pexegueiro: É unha árbore froiteira de folla caduca. É de tamaño pequeno. Ten unhas flores rosas que orixinan o seu froito, o pexego.
Picón: Árbore moi alta. Perenne. Sen froito.
Pino / Piñeiro: É unha árbore de folla perenne, de crecemento lento, ten unha madeira ríxida que se aproveita para a construción de mobles. O seu froito son os piñóns. As súas follas son puntiagudas, denominadas iscas: // Ten unha cortiza gorda e dura de cor marrón escuro. Dá un froito que é a pina. Tamén se chama piñeiro. // Árbore conífera. As follas son coma púas. Perenne. Dá piñas e piñóns.
Pinotea: Árbore moi alta. Perenne. Sen froito.

Q
Queiroa: Arbusto, entre 20 e 50 cm. Follas miúdas e numerosas. Perenne. Cápsula redondeada con peluxes que contén sementes.

S
Salgueiro: É unha árbore de folla caduca, que medra cerca dos ríos ou en brañeiras. É unha árbore ramificada. Ten unhas flores amarelas antes de ter as follas. Reprodúcese por espetos. // Árbore alta e con poucas pólas, coas follas case redondas e parecidas ás do abeneiro. Cortiza verdosa, clara e fina.
Sangriños: Árbore baixa. Dá froitos moi agres, os abruños.
Silveira: É un arbusto de folla caduca. Todo o seu tronco é delgado, que está cuberto por espiñas. Ten unhas follas pequenas e algo redondas. Bota unhas flores brancas e despois bota o seu froito, a amora.
Sobreira: Árbore. Dela sácase o corcho* (a cortiza). Coma un carballo de altura. Follas redondas e medianas.

T
Teixo: Árbore entre 12 e 15 m. de altura. As follas son como agullas febles e planas. Perenne. Sen froito.
Toxo: É un arbusto de folla perenne. As súas follas son pinchosas, dá unhas flores amarelas. Pode alcanzar ata dous metros de altura. A súa madeira é moi dura. Medra nos montes. // Arbusto. Planta de pouca altura. Ten moitas espiñas. Perenne.

V
Vimbieira: É un arbusto de folla caduca. Ten moitas pólas longas e moi xuntas, que se chaman vimbios, que se utilizan para facer cestos.

X
Xesta: É un arbusto de folla perenne. O seu tronco é leñoso de cor verde, ten unhas ramas pequenas e flexibles. As súas follas son puntiagudas, de cor verde. Ten unha flor amarela. Pode alcanzar ata dous metros de altura ou máis. // Ten moitas ramificacións, é tipo arbusto e ten un cheiro forte. Ten flores que poden ser amarelas ou brancas e dá unha especie de froito alongado como o froito das fabas e nel ten as sementes.

2 comentarios:

lobeira dijo...

Moi interesante, moitas grazas polo traballo!
Marilar

BIBLIOTECA TRAZO dijo...

Grazas a ti por seguirnos e comentar !!