Baixo o meu punto de vista, Conta saldada é un libro bastante interesante, aínda que un pouco
ficticio. Tamén teño que dicir ao seu favor que é bastante doado de ler, xa que
non emprega vocabulario difícil. O que menos me gustou foi o principio do
libro, xa que a aparición do pai de Catuxa na pantalla do ordenador afástase por completo da realidade.
O libro, pouco a pouco, váiseme facendo máis intrigante, xa que aparecen
armas, o que me leva a ler o relato canto antes para saber o que sucede ao final.
Gústame moito a función que desempeñan
os personaxes nesta novela.
En conclusión, recoméndolle este libro aos meus compañeiros, non só porque
é faciliño de ler e curto, senón porque seguro que pasan un bo momento léndoo.
Recomendariallo especialmente aos
rapaces ou rapazas aos que lle gusten os libros nos que saian armas ou nos que haxa
asasinatos.
Samuel Vieites Abelenda (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario