Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 9 de diciembre de 2016

Andel de Libros (VIII): A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre





O libro pareceume moi bo para formar parte da colección “Fóra de xogo” xa que é moi diferente aos desta colección que lin e tamén moito máis maduro e a idea está mellor pensada, e para a miña opinión pódese sacar unha película.

Para min o momento máis importante é onde o libro fai que te sintas na pel da protagonista, é cando súa avoa lle conta que ten cancro e esta fala con Poch e teñen unha conversa moi interesante sobre a morte que pode facer que moita xente cambie de opinión acerca dela.

O único que cambiaría sería o principio porque parece moi sinxelo, lento e cun argumento demasiado pobre e repetido e tamén cambiaría o momento no que Lidia e ela se fan amigas porque creo que esa parte quedou mal explicada e non encaixa moi ben.

Ten un final moi emotivo e apropiado e ás veces unha linguaxe complexa que non coñezo.

Recoméndolle este libro a persoas de todas as idades, pero especialmente aos máis xoves.

Alba López González (3º ESO)

Este libro gústame moito porque fala de que se rin dunha rapaza pero que ao final se fan amigos dela. 

O momento que máis me gustou ou o máis importante do libro foi cando Lidia se ri de Carlota por estar rapada pero, cando ela toma uns pasteis e colle unha enfermidade, a ela tamén a rapan. Pareceume importante porque despois xa non se ria dela. Unha parte que tamén me gustou foi cando ela lle fala a Poch, Poch é un cantante nun póster e ela fai que lle responda, pero claramente é froito da súa imaxinación, Carlota ten moita imaxinación, grazas a iso axudoulle a soportar as burlas que lle facían no colexio.  

O libro pareceume que tiña vocabulario apropiado pero na miña opinión pareceume un pouco difícil de ler. 

Recoméndolle este libro a xente moza de entre catorce e quince anos, incluso llo recomendaría a xente de entre dezasete e dezaoito anos pero para gustos colores.

Brais Pena Baluja (3º ESO)


Gústame moito esta historia porque pode ser todo real. Curou esa enfermidade tan mala que existe na actualidade que é o cáncer. Namorouse dun rapaz chamado Miguel que non a correspondía pero ao final apareceulle outro rapaz chamado Moncho que a fixo moi feliz e era moi bo. E foron moi felices. 

Ao principio da historia todos os nenos e nenas metíanse con ela pero co paso do tempo fórona acatando polo seu aspecto físico. O final pareceume moi bonito porque Moncho namorouse de Carlota incluso a pesar da enfermidade tan mala que tiña. 

A parte máis importante do relato pera min foi cando Moncho lle dixo que a quería. E o personaxe que máis me gustou foi Moncho que foi moi valente para aceptar a Carlota. 

A lingua do texto é doada de entender pero hai algunha palabra estraña, que non comprendía.

Recomendo esta lectura porque é un libro doado de ler e tamén moi entretido.

Martín Castro Señarís (3º ESO)

Para min o momento máis importante do relato foi cando Miguel foi defender a Carlota das burlas que todos os alumnos e alumnas da escola lle facían a ela e á parte porque a quería moito e lle tiña moito cariño.

Eu se fose o autor deste libro a parte que quitaría sería cando se metían con Carlota porque ela é unha das mellores rapazas do relato, ela é moi amable, cariñosa, sobre todo con Miguel, do cal se namorou del cando o defendeu de todos os alumnos e alumnas da escola que se estaban burlando dela.

Nesta narración a linguaxe non ten moita complicación porque se entende moi ben e á parte esta moi ben redactado.

Eu este libro recomendaríallo a lectores ou lectoras aos que lles guste por unha parte todo o que está relacionado co amor e iso dáse entre Carlota e mais Miguel, e pola outra parte o das burlas, para que cando lean este libro os que fixeron mofa de alguén reflexionen sobre este tema e isto dáse cando se burlan de Carlota.


Alejandro Vásquez Fernández (3º ESO)

No hay comentarios: