Gustoume moito pero
creo que é bastante longo para o que quere transmitir, gustoume porque fai unha
mestura de fantasía, porque Vanesa é unha vampira, e da realidade, polo amor de
dúas rapazas, e por falar do amor lésbico que é un tema que a xente debe
respectar e aceptar na sociedade na que estamos.
O personaxe que máis me gustou
foi Anthony, o pai de Vanesa, non é un personaxe que apareza pero polo que
falaba Vanesa del pareceume unha gran persoa e que sempre estivo ao lado dos
seus fillos para axudarlles e aprenderlles todo o que el sabia e máis.
O que
máis me gustou é o tema do amor lésbico e como se querían Nanda e Vanesa a
pesar das súas diferenzas e de saber que Vanesa era unha vampira. O momento que
máis me gustou foi cando Vanesa lle conta a Nanda a historia da súa vida e do
que sufriu pola morte de seu irmán e de seu pai.
Recoméndolle a lectura a todos
os públicos porque me parece un tema do que debería saber todo o mundo.
Nerea Rodríguez
Deus (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario