O libro estivo bastante ben, e gustoume moito. Lese rápido e enténdese ben,
aínda que a min algunhas cousas custoume entendelas, porque este libro, non é
unha narración coma outra calquera. É un relato dos que lle chaman “flash back”,
no que a historia a contan do revés. Primeiro cóntannos o que pasou nun pasado
e despois o que está sucedendo agora mesmo.
A lingua e o vocabulario son fáciles de entender e se non entendes unha
palabra sácala ben polo contexto.
O único cambio que faría é que Chucho non lle fixera o que lle fixo á pobre
familia enteira, e que se o tiña que facer que tivera algún motivo.
Gustáronme varias cousas do libro e unha delas é que Dani era un neno moi
obediente, e cando lle mandaban facer algo os seus pais, sempre o facía e nunca
protestaba.
Gustaríame que Chucho tivera outro tipo de comportamentos, que non fixese o
que lle fixo á rapariga, a Lola. A maneira que tiña de falar e actuar e mais o
que lle fixo á pobre familia. Se queredes saber que lle fixo Chucho a esa
familia só tedes que ler o libro, animádevos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario