Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 17 de decembro de 2019

Conta de Libros (XXIII): A chave das noces, de Xabier P. Docampo



A chave das noces é un libro de misterio, é moi entretido e engancha moito, xa que sempre queres saber que vai pasar. O libro é moi fácil de ler e o vocabulario compréndese todo á perfección, a letra é bastante grande e o libro é bastante curto.

Para min, o momento máis importante do libro é moi difícil de escoller, xa que durante todo o libro ocorren cousas importantes e non te podes perder ningunha. Pero eu escollería o momento cando descobren quen están na Pomba, porque eses eran os culpables.

O meu personaxe favorito é Mauro, porque á parte de ser o protagonista, sentiu moita empatía por Henrique, un rapaz que só coñecía dun día antes. Mauro nunca se rendeu e non parou ata resolver o misterio da morte do seu novo amigo.  

Non lle cambiaría nada á novela, xa que me parece que está moi ben organizada e moi ben elaborada.

Uxía Beiras Rivas (3º ESO)

A chave das noces é un libro que me gustou bastante. Pero creo que lle sobran algunhas cousas, sobre todo do principio, porque hai algúns dos casos que ten que resolver Mauro ao inicio aos que o autor lle dedica moito tempo e despóis na historia en si non teñen nada de importante nin se desenvolven máis a fondo. Así que creo que eses anacos do libro se poderían suprimir poderíase empezar a desenvolver a historia principal dende un comezo.

Aínda así creo que A chave das noces é un libro bastante bo, cunha trama moi interesante e ben desenvolvida menos polo final, xa que persoalmente non me gustan moito os finais abertos, e neste caso o final desta historia é bastante aberto, porque aínda que algúns problemas si que se solucionan o principal da trama non. 

A linguaxe foime algo difícil de comprender xa que había bastantes palabras que non entendía.

Laura Codesido Fernández (3º ESO)

Este libro gustoume moitísimo, pareceume un libro moi bonito e interesante, é un libro fácil de ler. Ao principio non se sabe quen son ben os personaxes pero logo de tres, catro páxinas xa se entende moi ben e lese rápido.

O momento mais importante da novela paréceme que é cando Mauro vai ao barco de Henrique e atopa as súas pertenzas.

O meu personaxe favorito era Mauro porque era moi listo e rápido pensando, para encontrar os culpables.

O final non me gustou moito cambiaría unas cousas como ao final na casa do xefe máis alto que non marchase sen máis, ou que haxa una segunda parte, logo outra mudanza moi importante sería que Henrique seguise vivo porque me daba pena e que volvese para onda a súa familia.

Recomendaría este libro a todo o mundo porque é moi interesante, xa que moitas partes del son a dura realidade e hai que acabar con iso.

Pablo Couselo Noya (3º ESO)

A min este libro gustoume moito xa que me pareceu bastante entretido e realista, xa que mostra o dura que pode chegar a ser a vida e as miles de historias que nos podemos chegar a inventar,e a crer que son reais.

A escena que máis me gustou, pero a que máis pena me deu foi cando encontraron o corpo de Henrique, xa que aí deuse a ver que aínda que coñezas a alguén de moi pouco tempo podes chegar a ter unha gran unión con el ou con ela.

O personaxe que máis me gustou foi Mauro, xa que despois do asasinato do seu amigo, el encargouse de encontrar toda a verdade e intentar vingala.

O final non me gustou moito, xa que me esperaba que terminase deoutra maneira. Pero tamén me pareceu moi valente o que fixo Mauro polo seu amigo.

Recoméndovos este libro xa que che mostra unha realidade de vida, afastada do modelo de vida que temos.

Arancha Rey Brea (3º ESO)

Ningún comentario: