A viaxe de Gagarin. Agustín Fernández Paz. Xerais
A novela a min encantoume porque gústame moito todo o que teña que ver co Universo.
Este libro é un dos que máis me gustou de Agustín Fernández Paz porque se centra nunha época histórica e non nunha novela infantil ou xuvenil. Grazas a el podemos entender mellora a situación de España na época franquista e saber como podía vivir unha familia, e poder poñernos na súa pel.
O que máis me gustou do libro é, que ademais de contarnos a historia de Miguel, ensina datos sobre as primeiras viaxes espaciais e os primeiros cosmonautas, tanto de Gagarin como de Neil Armstrong.
A miña personaxe favorita é Miguel, xa que afronta a situación familiar con moita madurez, para a súa curta idade. As personaxes que menos me gustaron foron os propios pais de Miguel, por ocultarlle ao seu fillo o que facían.
Eu ao libro cambiaríalle o final porque gustaríame que a historia de amor entre Miguel e Francesca continuara.
O vocabulario deste libro era bastante doado e entendino todo moi ben.
En xeral este libro gustoume moito, e seguramente o volva a ler dentro duns anos.
Ana Señarís Veiras (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario