Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 5 de xuño de 2023

Andel de Libros (XXXI): Voaxa e Carmín, de Esther F. Carrodeguas

 


Voaxae Carmín. Esther F. Carrodeguas. Difusora de Letras, Artes e Ideas

A min persoalmente o libro teatral Voaxa e Carmín escrito por Esther Fernández Carrodeguas, gustoume moito, tanto os personaxes e o seu desenvolvemento ao longo da historia como a maneira na que está escrita a obra. O feito de que esta historia fale de as dúas Marías” fixo que me gustase moito máis, xa que as coñezo dende que era moi cativa por ilas visitar á Alameda de Santiago de Compostela xunto a miña avoa.

Tamén teño que admitir que ao principio non comprendía a trama da historia pero segundo a fun lendo funme enganchando e entendéndoa.

A miña personaxe preferida sen dúbida algunha é Coralia, xa que ao igual que ela eu tamén son a irmá pequena, por non falar de que admiro a súa valentía para enfrontarse nun determinado momento a súa irmá maior.

O meu momento preferido da obra foi cando Coralia, borracha, lle dixo a súa irmá todo o que pensaba acerca de ter que vivir sempre facendo a mesma rutina, que ela quería vivir novas aventuras entre elas ir visitar o mar por primeira vez na súa vida.

Respecto ao final da historia, teríame gustado que tivese un final máis emocionante e non un final aberto xa que este deixa moito que imaxinar e non nos concreta que pasou con elas finalmente. Pareceume unha forma de escribir fácil de ler e de comprender.

A min este libro fixome rir en moitas escenas, polo que se vos gustan os libros de comedia, recoméndovos que o leades.

Raquel Dafonte Rodríguez (4º ESO)

Ningún comentario: