Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 29 de febreiro de 2024

Balda de Libros (XIX): Unha estrela no vento, de Ledicia Costas

Unha estrela no vento. Ledicia Costas. Xerais

Unha estrela no vento é un libro escrito por Ledicia Costas, conta unha historia moi interesante, a de Miguel e a súa familia, que representa a unión que hai entre un fillo e a súa nai. Dende o meu punto de vista, esta historia transmite uns valores bastante importantes como son a confianza e a lealdade.

O meu personaxe favorito é Miguel, penso que quere moito a súa familia, ata o punto de ser capaz de dar a súa vida por eles. A parte diso, case sempre di a verdade; cando mente, faino porque pensa que lle vai facer máis dano saber a verdade que unha mentira piadosa. En contraposición, o personaxe que menos me gustou foi “O Bruto” xa que parece que non lle ensinaron modais, faille honra ao seu alcume.

Quedo con dous momentos importantes no transcurso da historia, o forte vínculo creado entre Abel e Miguel motivado, entre outras cousas, pola convivencia e, o que para min é o mais importante, o comezo dunha amizade especial entre dous dos personaxes principais.

Eu recomendo este libro a todas as persoas que lle guste a intriga, creo que apto para todas as idades.

Cristina García Regueiro (3º ESO)

Ningún comentario: