Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 27 de febreiro de 2024

Balda de Libros (XVII): A punta de pistola, de Fran Alonso


A punta de pistola. Fran Alonso. Xerais

A novela A punta de pistola de Fran Alonso é sinxela de ler e interesante aínda que desconcerta un pouco ao principio porque cóntanse dúas historias que son completamente independentes ata o final no que se xuntan e cobran sentido.

As dúas historias son interesantes pero gustoume máis a da muller camioneira que tamén é xornalista. Ademais da súa historia coñecemos a través do seu relato a vida da primeira camioneira de 1932 e como tivo que loitar contra os prexuízos por ser unha muller “cun traballo de homes”, unha muller cun traballo que tradicionalmente era exclusivo de homes.

Na primeira non me gusta a maneira con que o pai trata os nenos pois exerce unha gran violencia contra eles pero sei que debe ser así para que a historia resulte tal e como é.

Desta novela podemos aprender varias cousas, en primeiro lugar, aprendemos da historia dos pais que secuestran os seus fillos e de que maneira non podemos ser tratados baixo ningún concepto. Por outra banda, da segunda historia aprendemos a facer o que verdadeiramente nos guste deixando os prexuízos da sociedade de lado e a loitar polo que queremos.

Lara Piñeiro González (3º ESO)

Esta novela, escrita por Fran Alonso, está protagonizado por unha parella de delincuentes alcumados coma O Varas e Rica, estes dous acoden a un Centro de Acollida Familiar para ‘visitar’ aos seus fillos, unha vez dentro, secuestran os nenos e lévanos con eles a punta de pistola, así comezaría esta historia.

O meu personaxe preferido é Lolo, o compañeiro da camioneira porque é un home bastante relaxado e gustoume a súa forma de ser.

Tamén me gustou moito O Varas porque é un home que intenta buscar unha saída á encerrona que se fan eles mesmos, aínda que teña que deixar a todos atrás.

Unha personaxe que non me gustou moito foi a ‘amiga’ de Lolo porque sempre estaba estorbando e parecía que alí non facía nada.

Pareceume un libro bastante fácil de ler porque ao engancharme tanto, lino rápido, porén algo que non me gustou moito foi que habían algunhas palabras algo complexas pero polo demais ben.

Diego Vásquez Fernández (3º ESO)

Ningún comentario: