Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 25 de febreiro de 2024

Primeira parte de “Campanas de Bastabales”, nas voces de Lara Piñeiro González e da nosa ex-alumna Gabriela González Lamas

 

Lara Piñeiro González (3º ESO) achéganos a gravación da primeira parte de “Campanas de Bastabales”, de Cantares Gallegos, na súa propia voz e na da nosa ex-alumna Gabriela González Lamas (18 anos). CPI Viaño Pequeno. 

#_rdc2024 #oamordapatriagalega @aelg @CasadeRosalia 

Campanas de Bastabales


Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades
.

I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.

Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.

Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.

 

Ningún comentario: