Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 23 de abril de 2024

Balda de Libros (XXIX): Iridium, de Francisco Castro

 


Iridium. Francisco Castro. Galaxia

Ben, para empezar vouvos falar do que me pareceu Iridium, é dicir, a min este libro gustoume bastante, xa que ten un vocabulario moi sinxelo, fácil e adecuado para as nosas idades. E á parte de ser doado de ler é moi curtiño o que me facilitoume moito neste caso a lectura.

Meténdome na historia do relato, tamén me gustou xa que o volvería a ler sen problema. Trata de temas que non son moi comúns na lectura creo eu, como a enfermidade de Iris dos ollos, que ten un de cada cor e tamén a paralise que sofriu polo choque co coche.

En si a historia é sobre Iris, unha rapaza con esas peculiaridades de dezaoito anos, a quen lle puxeron os cornos cando estaba co seu mozo, xa quee mentres estivo en coma el comezou a saír con outra e púxolle como excusa que fora porque lle axudara moito e fora o seu maior apoio cando ela estivera no hospital.

Ben, en xeral si que me gustou o relato e sobre todo os temas de que fala. Espero que me entendérades.

Carla Caramés Rivas (3º ESO)

Iridium de Francisco Castro é un libro que conta a historia de Iris, unha rapaza de 1º de bacharelato que tivo un accidente e quedou con DCA (dano cerebral adquirido).

A min este libro gustoume bastante porque é fácil de ler e rápido, ademais de ser moi entretido e ten un bo final.

O momento máis importante para min foi precisamente cara ao final cando foi á casa de Mario para botarlle cara a Chechu, paréceme que é o momento mais importante porque é onde se desvela toda a historia de Iris, Chechu e Mario.

Outro momento que me gustou foi cando lle fixeron a festa a Iris polo seu regreso ao colexio, porque nesa festa pásao moi ben (menos no final) fala con Mario, con Rut (a súa mellor amiga)...

O meu personaxe favorito é o pai de Iris porque está para ela sempre e sempre lle axuda en todo, ademais confia moito nela. E outro personaxe que me gustou moito foi Rut, porque é unha rapaza que quere moito a Iris e a axuda en todo. Pola contra, o personaxe que menos me gustou é Chechu porque lle mente moito a Iris e lle fai sentir mal xusto no seu peor momento, cando queda en coma.

O final gustoume moito, o vocabulario é fácil e enténdese case todo. Recoméndollo á xente que lle gusten os libros de romances ou de adolescentes. A min persoalmente gustoume moito.

Lidia González Rey (3º ESO)

Ningún comentario: