luns, 7 de outubro de 2013
venres, 4 de outubro de 2013
O ciclo da vida dun libro na biblioteca
"A muchos sonará extraño, pero como todo en esta vida
tiene un ciclo, los libros no son la excepción, alguna vez se han preguntado
¿cuál es el ciclo de vida del libro en una biblioteca? Cualquiera pensará que
se selecciona, se adquiere, se procesa y se presta a los usuarios y a la larga
el impostergable descarte; sin embargo, la vida de un libro en una biblioteca
es mucho más compleja que eso."
Pincha aquí para ler o artigo completo
xoves, 3 de outubro de 2013
Balda de Libros (I): Dos arquivos do trasno, de Rafael Dieste
Neste novo curso
2013/2014 continuamos con este apartado da bitácora da Biblioteca do CPI de Viaño Pequeno
(Trazo) onde o alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves
recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura
Galega.
Desta volta
vaise chamar Balda de Libros e agora
que a alumna Verónica Barreiro Calviño xa marchou a estudar o
Bacharelato non foi ela, como adoitaba, a primeira alumna en achegar material
crítico para o noso recuncho de lecturas. Neste curso o mérito é para a alumna Margarita Pombo Castro (4º PDC).
Este libro é moi completo, porque ten variedade de historias que suceden
en lugares e tempos diferentes.
O seu título Dos arquivos do trasno
é adecuado ao contido. Eu non cambiaría o título que ten por outro porque
é moi axeitado e son historias que teñen lugar e dan a entender cada una a súa
cousa, por iso di arquivos.
Recomendo ler este libro xa que é un volume de poucas páxinas e porque
tamén ten poucos personaxes e así cando se fai o traballo non te confundes uns
cos outros.
Ademais ten poucas palabras descoñecidas que non se poidan entender.
Algunhas historias enténdense mellor como “O vagamundo”, “Pampín”, “Na
morte de Estreliña”, “O neno suicida”, “De como veu a Rianxo unha balea”,
etc. Pero non quero dicir que as outras todas non se entenden senón que tamén
outras me gustan máis como “Na morte de Estreliña” porque como di o título hai
unha morte, ela morreu pero esta Estreliña era unha rapaza moi gabexeira e
linda. Ela sempre cumpría co que lle mandaban, facía os recados pero pasoulle
que un día morreu, como lle pasa a calquera, que un día tamén imos morrer nós,
uns diante e outros detrás.
Pero a fin de contas todo o libro pódese ler e entender bastante ben.
Este
libro abrangue 20 relatos que xiran arredor da psicoloxía e das
experiencias extraordinarias da
xente
galega. Son relatos que non están nada relacionados uns cos outros
pero que non deixan de
ser
interesantes.
Aínda
que para min, os dous relatos que máis me gustaron foron “Sobre a
morte de Bieito” e “O
neno
suicida”, porque son historias orixinais e que non esperas que
acaben como van acabar. Sobre
todo
“O neno suicida”, que o de nacer vello e ir para mozo, non é
mala idea. Porque traballas como
un
escravo de vello e folgas de novo, pasando a mellor vida de todos e
gozándoa ao máximo. En
cambio
se vas de mozo para vello, tes que traballar de mozo e folgar de
vello, cando xa non tes
ganas
nin de ir de festa nin nada.
O
libro está moi ben, aínda que por veces, en algúns relatos, non se
entendía moi ben a historia, o
que
che obriga a volver a lelo. Pero polo resto, está moi ben.
Belén
García Lijó (4º ESO)
A min persoalmente este libro gustoume moito. Porque os
relatos que lin parecéronme moi bonitos, xa que algúns están baseados en lendas
populares e contos tradicionais.
A parte que máis e gustou foi o relato de “O vello que
quería ve-lo tren” xa que é un relato moi emotivo de cómo un velliño cumpre o
seu desexo mais importante para el, xa que era o que el quería facer antes de
morrer.
Este libro ten unha linguaxe moi sinxela de ler e parsoalmente
penso que é un libro que lle gustaría a toda a xente que o lea, xa que é moi
fácil de ler e os relatos son moi breves e moi interesantes cada un deles.
Este libro o bo de que teña tanta variedade de relatos é que
o lector/a se non lle gusta un relato polo motivo que sexa, sempre haberá un
relato que verdadeiramente lle guste e que disfrute cando o lea.
Por iso recoméndolle a toda a xente que o lea, xa que é un libro moi
entretido e cunha gran variadade de relatos, porque hai relatos de medo, relatos
cun final aberto, de intriga e tamén poderás atopar relatos que te emocionen.
Laura
Moar Iglesias (4º ESO)
A min este libro gustoume bastante, é divertido xa
que nuns contos mentres os lías me puxen a rir, por exemplo: “O drama do cabalo
de axedrez” e a chorar, por exemplo: “A morte de Estreliña”.
Pareceume interesante e seguramente que a moita
xente máis, aínda que pode haber xente a que só lle guste ler libros con contos
ou con só unha historia, eu nese caso son variada, tanto me pode gustar un como
outro, non teño nada predestinado.
Eu o final só llo cambiaría ao conto de “Na morte de
Estreliña”, gustaríame que acabase doutro xeito, mentres que nos outros me
gustou tal e como acabaron.
Foime fácil de entender aínda que tiña algunhas
palabras complicadas que tiven que utilizar o dicionario para poder entendelas.
Na miña opinión este é un libro que pronto se acaba
de ler xa que son contos curtos e fáciles de ler. Recomendo que o leades, aínda
que non teñades os mesmos gustos ca min, que seguramente os haxa.
luns, 30 de setembro de 2013
Aviso importante para usuari@s da biblioteca
Queridiñ@s:
Debido a que algúns e algunhas de vós tedes préstamos sen devolver do curso pasado, decidimos bloquearvos e impedir que accedades a novos préstamos este curso ata que devolvades o que é de todos e de todas. Podedes consultar a lista de alumnado bloqueado na porta da biblioteca. Para comentarios ao respecto, erros, aclaracións... debedes dirixirvos a Asun que é a persoa que leva o tema do alumnado "bloqueado".
Esta é unha medida que se levará a cabo o primeiro día de cada mes durante todo o curso 2013/2014. A lista de "bloquead@s" publicarase na porta da biblioteca e quen estea na lista, non poderá sacar en préstamos ningún libro da biblioteca ata que devolva os que ten sen devolver en prazo.
domingo, 29 de setembro de 2013
Todo o que eu sinto é de verdade
" Al lector se le llenaron de pronto los ojos de
lágrimas, y una voz cariñosa le susurró al oído:
- ¿ Por qué lloras si todo en ese libro es de mentira?
Y él respondió:
- Lo sé, pero todo lo que yo siento es de verdad. "
xoves, 26 de setembro de 2013
Cada xoves, un pasiño cara a igualdade. (Hoxe con HUMOR)
¿Queres saber como detectar o machismo nos medios de
comunicación? Invirte o sexo de quen protagoniza a noticia. Se o resultado non
ten sentido ou queda ridículo, normalmente será sexista.
Imaxe vista no Facebook (Orbita Diversa)
martes, 24 de setembro de 2013
Lendo libros prohibidos
No enlace podedes ver 10 títulos que cada ano sementan polémica en Estados Unidos (están tolos estes ianquis...), con peticións de que sexan prohibidos nas escolas, nas bibliotecas públicas... O noso club de lectura xa se animou con algúns deses títulos e este ano tentaremos ir, cando menos, a por outro... Axiña vos contaremos máis...
http://www.abc.es/fotos-libros/20130924/diez-clasicos-intentaron-prohibir-1511195055356.html
http://www.abc.es/fotos-libros/20130924/diez-clasicos-intentaron-prohibir-1511195055356.html
luns, 23 de setembro de 2013
Haberá que seguir lendo....
Seguiremos lendo....
Verémonos na biblioteca, nas reunións dos clubs de lectura...
Arrancamos o curso 2013/2014...
(Seguiremos informando...)
sábado, 22 de xuño de 2013
Unha lectura moi "gore"
![]() |
| Visto en www.defectivee.blogspot.com |
Por Martín Rouco Casal (3ºESO)
En
la portada además del título, el autor y la editorial, aparece
la imagen del Chico Ostra, que es el protagonista de una de las poesías. En la
contraportada encontramos un breve escrito diciéndonos quien lo escribió y alguna cosilla más sobre el argumento.
Me ha llamado la atención que
el libro es muy gore. También me han llamado la atención algunos relatos como
el del Chico Ostra o el del Chico Momia porque son muy bestias.
Este libro tiene varias historias
todas tratan de la muerte. La historia que aparece en la portada es La melancólica muerte del Chico Ostra; en la luna de miel comieron una
sopa de marisco y ella pidió un deseo y se cumplió porque dio a luz, pero no era
no niño normal, era como una ostra y no sabían cómo llamarlo. Los padres cuando
se acuestan dicen que huele a pescado y tenían problemas en la cama. Llamaron a
un médico y él le dijo que la única forma de volver a no tener problemas en la
cama era comiendo a su hijo ostra. Su padre fue con un cuchillo a la noche y
lo comió. Lo enterraron en el mar.
El libro me ha transmitido tristeza, pues casi todos los
personajes mueren.
xoves, 20 de xuño de 2013
Jugando con fuego de Nora Roberts
Por Lucía Andrade Castro (4º E.S.O)
En esta novela, los
personajes principales son Catarina Hale ( Reena) y Joey Pastoreli, ya que es
él quien causa todas las muertes de los novios de Catarina. Aunque la novela
se centra más en la vida de Catarina, ya que de ella cuenta quiénes son sus
padres y hermanos y la historia fluye alrededor de ella.
Entre los personajes
secundarios estarían Bowen Goodnight y la familia de Catarina. Bowen es un
chico que ve Reena en una fiesta y la vuelve a ver más veces, pero no la llega a conocer
hasta que al pasar el tiempo llegan a ser vecinos. Y la familia, que son muchos.
Los personajes, algunos
son planos y otros redondos, creo que hay más redondos que planos. Es redondo la protagonista, ella va madurando al largo de
la novela con todo lo que le va pasando: el incendio del restaurante de su
familia, cuando se va a la universidad.
Aunque los personajes tienen carácter individual, la protagonista está muy apegada a su familia, esta sería un personaje colectivo.
El punto de vista del
narrador es externo, en tercera persona. El narrador no es un personaje más de
la historia, sino que cuenta todo como si estuviera observando a los
personajes. Es omnisciente, sabe lo que siente y piensan los personajes. “Y, mientras lo veía moverse, se enamoró”.
El tiempo externo se
corresponde con las últimas décadas del siglo XX y la primera del siglo XXI. El
tiempo interno es desde 1985 hasta 2005 más o menos. Este tiempo se conforma
desde que incendiaron el restaurante familiar de la protagonista, hasta que
Joey empieza a incendiar casas de gente a la que quiere Reena hasta poder
llegar a donde ella.
La acción se desarrolla
en un espacio real, en Baltimore, Estados Unidos.
Andel de Libros (LXII): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo
Cando petan na porta pola noite, Xabier P. Docampo, Xerais
Para min o momento máis importante do libro foi cando no espello do viaxeiro descubriu o do ollo. A parte que máis me gustou foi o primeiro conto, o do espello do viaxeiro, porque foime fácil de ler e logo o acabei, e gustáronme os outros pero non tanto.
É un libro breve, fácil de ler que eu persoalmente diríalle aos rapaces que o leran.
A lingua enténdese ben, pois está nun galego que se le ben.
O que menos me gustou foi o cuarto conto, o das cartas, porque non vexo que ten que ver cos outros tres contos. O último, o das cartas, é diferente porque nos outros hai mortos e nese non, sinceramente cambiaría ese conto por outro mellor. Tamén me gustou a trama dos outros.
Martín Mesías Remuiñán (3º ESO)
mércores, 19 de xuño de 2013
Andel de Libros (LXI): Misterio en Guernica, de Xosé Manuel Fernández Castro
A min
este libro gustoume moito porque é un libro moi entretido, digo isto polas
cancións que engade en cada capítulo, xa que non son cancións que poidas
escoitar en calquera lugar porque teñen a letra cambiada polo autor.
Ten un
vocablario moi sinxelo e a historia é moi fácil de comprender.
O final
pola miña parte gustoume xa que non se esperaba ese desenlace ata o último
capítulo, é dicir, que garda algo de intriga ata o final.
O momento
do libro que máis me gustou foi cando Flor está a punto de dar a luz xa que é
un momento de moita tensión.
Este
libro xa o representamos con títeres na escola o que me fixo entendelo moito
mellor aínda que sexa fácil de entender.
Andel de Libros (LX): Memoria de Helena e María, de Roberto Salgueiro
O libro gustoume,
aínda que é unha historia triste.
Non entendo como
Helena abandoou a súa filla por uns libros, entendo que lle recordaran ao seu
home, pero Manuel xa estaba morto e a súa filla non, creo que a maioría das
nais loitarían por volver a estar coa súa filla.
Gustoume o forte
que se mostra María durante case todo o tempo da historia, pero non entendo
como pode chegar a odiar tanto a súa nai, porque, ao fin e ao cabo, nai só hai
unha.
O libro é fácil
de ler, pero o dato que dan ao principio do libro ( Helena, muller nova e María,
muller maior) despista e confunde moito, pero despois durante a lectura xa se
dá unha conta de a que se refire.
Marta Brea Martínez (4º ESO)
Andel de Libros (LIX): Alicia no país das marabillas, de Lewis Carroll
Gustoume o libro de Alicia no país das marabillas porque é entretido e lese moi
rapido, pois ten un vocabulario moi fácil.
O contido da historia en si está ben, porque mostra un mundo
moi distinto onde os animais, onde unha baralla de cartas pode descabezar
alguén. Pero o final ensina que ese mundo non é real senón un soño que está a
vivir Alicia.
A parte que máis me gustou do libro foi a do final, pero en
xeral gustoume.
Eu recomendo ler ese libro porque todo o mundo coñece a
pelicula pero non é o mesmo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


.jpg)










