Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 3 de octubre de 2013

Balda de Libros (I): Dos arquivos do trasno, de Rafael Dieste




Neste novo curso 2013/2014 continuamos con este apartado da bitácora da Biblioteca do CPI de Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega. 

Desta volta vaise chamar Balda de Libros e agora que a alumna Verónica Barreiro Calviño xa marchou a estudar o Bacharelato non foi ela, como adoitaba, a primeira alumna en achegar material crítico para o noso recuncho de lecturas. Neste curso o mérito é para a alumna Margarita Pombo Castro (4º PDC).


Este libro é moi completo, porque ten variedade de historias que suceden en lugares e tempos diferentes.
O seu título Dos arquivos do trasno é adecuado ao contido. Eu non cambiaría o título  que ten por outro porque é moi axeitado e son historias que teñen lugar e dan a entender cada una a súa cousa, por iso di arquivos.
Recomendo ler este libro xa que é un volume de poucas páxinas e porque tamén ten poucos personaxes e así cando se fai o traballo non te confundes uns cos outros.
Ademais ten poucas palabras descoñecidas que non se poidan entender.
Algunhas historias enténdense mellor como “O vagamundo”, “Pampín”, “Na morte de Estreliña”, “O neno suicida”, “De como veu  a Rianxo unha balea”, etc. Pero non quero dicir que as outras todas non se entenden senón que tamén outras me gustan máis como “Na morte de Estreliña” porque como di o título hai unha morte, ela morreu pero esta Estreliña era unha rapaza moi gabexeira e linda. Ela sempre cumpría co que lle mandaban, facía os recados pero pasoulle que un día morreu, como lle pasa a calquera, que un día tamén imos morrer nós, uns diante e outros detrás.
Pero a fin de contas todo o libro pódese ler e entender bastante ben.

Margarita Pombo Castro (4º PDC)

Este libro abrangue 20 relatos que xiran arredor da psicoloxía e das experiencias extraordinarias da
xente galega. Son relatos que non están nada relacionados uns cos outros pero que non deixan de
ser interesantes.

Aínda que para min, os dous relatos que máis me gustaron foron “Sobre a morte de Bieito” e “O
neno suicida”, porque son historias orixinais e que non esperas que acaben como van acabar. Sobre
todo “O neno suicida”, que o de nacer vello e ir para mozo, non é mala idea. Porque traballas como
un escravo de vello e folgas de novo, pasando a mellor vida de todos e gozándoa ao máximo. En
cambio se vas de mozo para vello, tes que traballar de mozo e folgar de vello, cando xa non tes
ganas nin de ir de festa nin nada.

O libro está moi ben, aínda que por veces, en algúns relatos, non se entendía moi ben a historia, o
que che obriga a volver a lelo. Pero polo resto, está moi ben.

Belén García Lijó (4º ESO)

A min persoalmente este libro gustoume moito. Porque os relatos que lin parecéronme moi bonitos, xa que algúns están baseados en lendas populares e contos tradicionais.

A parte que máis e gustou foi o relato de “O vello que quería ve-lo tren” xa que é un relato moi emotivo de cómo un velliño cumpre o seu desexo mais importante para el, xa que era o que el quería facer antes de morrer.

Este libro ten unha linguaxe moi sinxela de ler e parsoalmente penso que é un libro que lle gustaría a toda a xente que o lea, xa que é moi fácil de ler e os relatos son moi breves e moi interesantes cada un deles.

Este libro o bo de que teña tanta variedade de relatos é que o lector/a se non lle gusta un relato polo motivo que sexa, sempre haberá un relato que verdadeiramente lle guste e que disfrute cando o lea.

Por iso recoméndolle a toda a  xente que o lea, xa que é un libro moi entretido e cunha gran variadade de relatos, porque hai relatos de medo, relatos cun final aberto, de intriga e tamén poderás atopar relatos que te emocionen.

Laura Moar Iglesias (4º ESO)

A min este libro gustoume bastante, é divertido xa que nuns contos mentres os lías me puxen a rir, por exemplo: “O drama do cabalo de axedrez” e a chorar, por exemplo: “A morte de Estreliña”.

Pareceume interesante e seguramente que a moita xente máis, aínda que pode haber xente a que só lle guste ler libros con contos ou con só unha historia, eu nese caso son variada, tanto me pode gustar un como outro, non teño nada predestinado.

Eu o final só llo cambiaría ao conto de “Na morte de Estreliña”, gustaríame que acabase doutro xeito, mentres que nos outros me gustou tal e como acabaron.

Foime fácil de entender aínda que tiña algunhas palabras complicadas que tiven que utilizar o dicionario para poder entendelas.

Na miña opinión este é un libro que pronto se acaba de ler xa que son contos curtos e fáciles de ler. Recomendo que o leades, aínda que non teñades os mesmos gustos ca min, que seguramente os haxa.

Alba Pumar Muíño (4º ESO)

No hay comentarios: