Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 16 de decembro de 2021

Book tráiler (XXXV): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Íker García Brea

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Íker García Brea, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XXXIV): A casa do medo, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Íker García Brea

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A casa do medo, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 2016). Realización youtubeira: Íker García Brea, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

mércores, 15 de decembro de 2021

Conta de Libros (V): A neve interminable, de Agustín Fernández Paz

A neve interminable. Agustín Fernández Paz. Xerais 

A min gustoume o libro, o máis importante foi cando se descubriu o da muller do hostal. É interesante por moitas razóns pero sobre todo porque ao final dá un discurso sobre a reciclaxe moi importante.

Eu faría un cambio, facer os relatos máis curtos, non tan extensos, acábanse facendo demasiado longos e non acabas desfrutando a trama do hostal que daba moito xogo.

O final é un final aberto, cousa que non me gusta porque non che conta que pasou con Rebeca e Tania e non sabes se están vivas ou mortas. Faría ese cambio, pero o libro quitando esas partes está xenial, é moi ameno e fácil de ler e ten unha linguaxe moi coloquial.

En conclusión esta novela é bastante recomendable para persoas que están empezando a ler, e non saben por que libro empezar.

Ana Viqueira García (3º ESO)

Na miña opinión este libro gustoume moito, porque é de misterio e de terror e a min ese tipo de libros gústanme bastante.

Tamén me gustou que haxa varias historias, xa que todas son interesantes e tamén fai que te enganches ao libro moi facilmente.

Para min o momento máis importante do libro é cando se empezou a sospeitar que os donos do hotel eran vampiros porque iso deulle máis misterio á historia.

A min o libro pareceume interesante, xa que é un libro de misterio, e emocionante porque queres saber o que pasa ao final pois o autor consegue engancharte, e cólleslle cariño aos personaxes. O único cambio que eu lle faría sería poñer un final máis cerrado, xa que non se dixo que pasou ao final cos donos do hotel.

Esta novela pareceume bastante fácil de ler, xa que máis ou menos se entendían todas as palabras e estaba todo redactado de maneira moi ordenada.

Lucía Grela Seoane (3º ESO)

Este libro ten bastantes páxinas e o léxico é moi fácil e cando o empezas a ler xa case o estás acabando. Tamén me pareceu moi interesante porque a trama ofrece todo tipo de emocións e se te enganchas non podes deixar de lelo, porque cando acaba unha aventura xa hai outra e cando te dás conta acabaches o libro.

O desenvolvemento deste libro é moi interesante porque está repleto de historias, anécdotas dos personaxes principais, de moitas aventuras e de misterios.

A este libro non lle faría moitos cambios pero si que hai dúas cousas que cambiaría na historia que conta, primeiro o de que dous deles marchan e poñería que dous deles desapareceran sen avisar.

E o segundo cambio que faría é o de que o personaxe principal da historia se dese conta do segredo que ocultaba a dona do hostal, e poñería que pasou pola cociña e escoitou voces pero que non lle fixera moito caso porque pensara que era outro hóspede que tamén quedara atrapado pola tormenta.

Íker Señarís Suárez (3º ESO)

A min pareceume o libro máis divertido e interesante dos que levo lidos deste autor, xa que conta varias historias á vez como a da súa infancia na casa azul, a súa voda, as historias de terror,....

Tamén é moi entretido e cada vez canto máis avanzas na súa  lectura máis e máis que vai enganchando. A min a historia que máis me gustou foi cando o protagonista  descubriu que seu tío e el mesmo eran vampiros.

O que cambiaría desta obra foi cando o noso protagonista encontrou pegados debaixo dunha mesa os recortes de periódicos dunha reportaxe que falaba dun accidente de coche no cal morrera un matrimonio.

Por outra parte a min sorprendeume o final do libro xa que eu non me imaxinaba ese desenlace senón outro moi diferente e tamén eu creo que é moi  axeitado. No caso da linguaxe é moi adecuada para os rapaces e é moi fácil de entender.           

Jorge Lavandeira Vilares (3º ESO)

A min este libro pareceume moi interesante e entretido porque os personaxes deciden facer a súa propia historia de drama mentres están illados e hai algunhas historias xeniais, a historia de Ruth foi a que máis me gustou de todas elas.

Eu a este libro non lle faría ningún cambio agás que podería falar un pouco máis dos personaxes e non só das historias que fan.

Ten un final axeitado xa que os escritores durante o tempo de illamento só escribiron as historias para despois lelas todos xuntos ou un día unha historia e outro día outra.

Os meus personaxes favoritos son Ruth e o protagonista porque me gusta moito como son, o que máis me gusta de Ruth é como a describen e a súa forma de escritura e o tipo de relato que fixo, mentres que o que máis me gustou do protagonista foi que aaínda que fose nunha historia non se esquecía da súa familia.

Sergio Señarís Suárez (3º ESO)

martes, 14 de decembro de 2021

Book tráiler (XXXIII): Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Realizado por Ángel Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy. Tradución de Ignacio Chao. (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XXXII): Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Ángel Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 1994). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XXXI): Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Realizado por Laura Rodríguez Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy. Tradución de Ignacio Chao. (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Laura Rodríguez Seoane, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XXX): Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Laura Rodríguez Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 1994). Realización youtubeira: Laura Rodríguez Seoane, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Conta de Libros (IV): A cacería. Amadeo Cobas. Xerais

A cacería. Amadeo Cobas. Xerais 

A min pareceume un libro moi divertido, interesante e entretido de ler. Dá algo de terror como pelexan as persoas e as tribos entre eles para conseguir algo. Pero tamén aprendes como pelexaban as persoas naquela época e como se organizaban as tribos e tamén como participaban en cacerías. 

A portada do libro pareceume moi ben elaborada e as cores tamén moi ben escollidas porque se relaciona moi ben co contido do libro. 

O contido do libro pareceume moi ben escrito. Eu os cambios que lle faría sería que o final que fora outro que en vez de que a Zairo o rescatara a súa familia morreran todos pero que Zairo o coñeceran como o valente. Outro cambio que lle faría é que a namorada de Zairo lle traizoara e matara toda a súa familia incluído o seu amigo. E outro cambio que lle faría a este libro é que as tribos non pelexaran entre eles. 

Jorge Lavandeira Vilares (3º ESO)

Conta de Libros (III): Silencio. Fran Alonso. Xerais

Silencio. Fran Alonso. Xerais 

Na miña opinión esta narración gustoume bastante. Paréceme un libro que o empezas a ler e cólleslle o ritmo de lelo rápido e vaiche enganchando ata acabalo, xa que queres saber o final. 

Para min o momento máis importante do libro é cando o protagonista descobre que os seus veciños o que fan pola noite é invocar ao espírito da fame, xa que así sóubose o que en realidade eles facían. O tema do libro pareceume interesante, xa que é de misterio e gústanme ese tipo de libros e ademais saber o que facían os veciños tíñame bastante intrigada. 

Eu ao desenvolvemento do libro non lle faría ningún cambio xa que o autor conta as cousas brevemente e enténdese todo moi ben a excepción de algunhas palabras. En cambio o final si que o faría máis pechado, xa que me pareceu bastante aberto porque non explica nada o que pasa co "Papa". 

A lingua pareceume bastante fácil, aínda que con algunhas palabras que non entendía. 

Lucía Grela Seoane (3º ESO)

Na miña opinión este libro gustoume moito dende o principio, xa que engancha dende a primeira folla. Este autor (Fran Alonso) non o coñecía e sorprendeume bastante.

Hai algunhas palabras que me foron algo complexas de entender.

Para quen lle guste ler libros de misterio, este é adecuado para el, sen ningunha dúbida e tamén entretén moito.

Se teño que elixir só un dos moitos momentos máis intrigantes e misteriosos que hai no libro escollería cando o protagonista vai cada día atopando uns deses rapaces regordechos e rechonchos con caixas que lle mandaba comprar seu pai, e non sabía o que contiñan no interior, e co paso do tempo íao descubrindo todo.

O que máis me gustou é que Ofelia (unha amiga da infancia) o apoia en todos os seus malos momentos e o que menos foi que tivera un final aberto, pero despois polo resto é un dos relatos que máis recomendo en todos os aspectos.

Irene Iglesias Domínguez (3º ESO)

Conta de Libros (II): Memoria do silencio. Eva Mejuto. Xerais

Memoria do silencio. Eva Mejuto. Xerais 

Na miña opinión este libro gustoume bastante, xa que vai sobre os nazis e a min ese tema paréceme moi interesante. Ademais tamén porque ten algo de misterio, pois os nazis intentan descubrir quen son as persoas que levan aos xudeus á fronteira con Portugal para que escapen deles. E a min persoalmente gústanme os libros de misterio, e este ten un pouco diso. 

Eu ao libro non lle faría ningún cambio xa que me gustou o seu desenvolvemento, xa que me parece que a autora ía directa a contar a historia sen contar detalles innecesarios. Ademais o final gustoume xa que foi un final bastante pechado e tamén me gustou por outro motivo que non podo dicir porque senón fago spoiler. 

A lingua pareceume bastante fácil de ler, con algunhas palabras algo difíciles, pero en xeral doado de ler. 

Este libro recoméndovolo ler xa que se le moi ben, e ademais é bastante interesante e ten un final que me gustou moito. 

Lucía Grela Seoane (3º ESO) 

A min este libro gustoume moito. Ao principio non entendía moi ben o que sucedía. Cada vez que o ía lendo ía entendendo todo mellor. Ao comezo da lectura non estaba segura se Frieda era cristiá ou xudía.

Frieda como personaxe pareceume incrible. Era unha muller lesbiana e en ningún momento se avergonzou de mostralo. No principio da historia ela contaba a súa perspectiva narrando unha carta a unha persoa chamada Bob, o cal nun principio pensei que era sua parella.

Lola gustoume moito como personaxe. Foi a miña irmá preferida (entre Xulia, Amparo e ela). Dende que Lola coñeceu a Frieda sempre as emparellei.

A personaxe que menos me gustou foi o axente López. Unha persoa moi superficial e machista.

A escena que máis me gustou foi cando celebraron unha festa en honor á despedida de Frieda. En xeral o libro gustoume moito e iso que a min non me gustan os libros de nazis nin nada polo estilo.

Raquel Dafonte Rodríguez (3º ESO)

Este libro ten moi poucas páxinas aínda que o seu léxico é un pouco difícil porque hai expresións do alemán. A narración pareceume moi interesante porque fala da historia de como se vivía cando Hitler tomou o poder en Alemaña e empezou a capturar os xudeus e tamén fala dun grupo de valentes mulleres que axudaban a escapar aos xudeus utilizando o seu negocio como tapadeira.

Este libro ten un desenvolvemento moi interesante porque ten un sen fin de tramas e de aventuras das protagonistas para conseguir ocultar os xudeus dos nazis e que ninguén sospeite delas. Tamén me gustou porque demostran que traballando en equipo e non rendéndose nunca pódese conseguir de todo.

A este libro non lle faría ningún cambio porque ten unha historia perfecta con moitas aventuras que nunca aburren.

Íker Señarís Suárez (3º ESO)


luns, 13 de decembro de 2021

Book tráiler (XXIX): As flores radioactivas, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Iván Regueiro Liste

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela As flores radioactivas, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2013). Realización youtubeira: Iván Regueiro Liste, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XXVIII): O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas. Realizado por Brais Montaos Dubra

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Brais Montaos Dubra, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

sábado, 11 de decembro de 2021

Book tráiler (XXVII): Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Realizado por Brais Castro Señarís

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy. Tradución de Ignacio Chao. (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Brais Castro Señarís, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XXVI): Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Lucía Rey Martínez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 1994). Realización youtubeira: Lucía Rey Martínez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XXV): Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Realizado por Lucía Rey Martínez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy. Tradución de Ignacio Chao. (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Lucía Rey Martínez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)