Parécenos ben interesante ir sabendo que foi daquel@s que se foron, que están a facer e que recordos gardan do centro, e dos libros que aquí leron.
Hoxe a entrevistada é Fátima Iglesias Mariño. O seu libro favorito é Cartas de Inverno, de Agustín Fernández Paz.
1. Que libro che gustaba ler de pequena?
- Fátima: A min gustábame ler Hansen y Gretel
2. Cal é o teu libro favorito?
- Fátima: Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz
3. O libro que máis che gustou dos que liches na escola? E o que menos?
- Fátima: O que máis me gustou foi As rulas de Bakunin e o que menos me gustou foi Federiño o carteiro
4. Cales son os recordos máis agradables da escola? E os que menos?
- Fátima: Os máis agradables eran pasar os recreos coas amigas e amigos. Os menos agradables era entrar os martes e xoves para a clase despois de comer
5. Como era a túa relación cos profesores e profesoras? E cos compañeiros?
- Fátima: A miña relación cos profesores era normal. E cos compañeiros era moi boa
6. En que ano marchaches? Como te sentiches?
- Fátima: No 2008. Sentinme estraña, porque foi un gran cambio para min
7. Que estás facendo agora?
- Fátima: Estou facendo un ciclo superior de Administración e Finanzas.
2 comentarios:
Gústame moito esta idea de entrevistar a alumn@s que pasaron polo centro. Noraboa!
Gracias!! ;)
Publicar un comentario