
Presentamos hoxe a primeira actividade que propoñemos para todo o alumnado da ESO.
O vindeiro día 25 celebrarase o día internacional contra a violencia de xénero, e como sabemos que unha das causas que levan á violencia é a educación en desigualdade, apostamos por darlle a volta e promover a igualdade. Imos cambiarlle o final aos contos que nos levan contando toda a vida, para actualizalos aos novos tempos e as novas demandas da sociedade.
Aquí vos deixo a convocatoria. Xa vos contaremos como responde o personal :)
CONCURSO
“ VELLOS CONTOS,
NOVOS FINAIS”
Nos contos clásicos as rapazas son "débiles, torpes, fráxiles, sumisas e, por suposto, todas guapísimas, e o seu único obxectivo parece ser namorar ao rapaz. Ah! E nunca toman a iniciativa. Os mozos son fortes, ricos, guapos, e moi valentes, case poderiamos dicir que nunca teñen medo de nada. E se o teñen, non deben dicilo xamais. Ah! E deben facerse cargo da súa amada e comprometérense a protexela e coidala para sempre.
¿E que os mozos non se namoran das mozas fortes, divertidas e intelixentes?
¿E que as mozas non se namoran de mozos menos guapos e ricos, e que sexan capaces de amosar o que verdadeiramente senten?
- Como participar? Debes rescribir un conto clásico pero adaptando os personaxes aos tempos actuais. Por que Carrapuchiña non pode enfrontarse ao lobo? Por que o príncipe de Cenicienta, en vez de príncipe, non pode ser un rapaz normal que busca traballo e proponlle deixar aquela horrible casa e montar a medias un negocio?
Podes ver algúns contos clásicos AQUÍ EN:
http://personales.mundivia.es/llera/cuentos/cuentos.htm
Podes ver algúns exemplos de vellos contos con novos finais AQUÍ EN:
http://www.youtube.com/watch?v=hb_apQ4njcY
http://www.youtube.com/watch?v=uYSQZ68pOVk
- Cando participar? Debes apuntarte na biblioteca antes do venres 12, e entregar o teu conto antes do luns 22
- Onde me apunto? Na biblioteca
- Hai premios? Por suposto, para tod@s @s participantes, e tamén para @s gañador@s
- En galego ou en castelán? Na lingua que ti queiras. Iso si, limpo e sen faltas
- Tes algunha dúbida? Pásate pola biblioteca e pregunta
1 comentario:
es muy interesante, a lo mejor participo..
Publicar un comentario