Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 1 de febreiro de 2011

Ritmo, ritmo!!


Hai que ver o que costa voltar recuperar o ritmo de traballo tras o Nadal, tanto para profes como para alumn@s. Non obstante, Xaneiro foi un mes cargado de actividades e novos proxectos como estes que comentamos a continuación:

- 4º ESO foi de visita a A Coruña, organizada polo Departamento de Lingua e Literatura castelá facendo un percorrido que comezou na Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, que é tamén sede da Real Academia Galega. Tratáronos moi moi ben, aprendemos moito e disfrutamos coa visita. Logo de parar a tomar un cafetito, cola-cao, manzanilla... pasamos tamén pola Casa Museo de Mª Pita, e digo pasamos porque foi unha visita moi moi rápida. Rematamos as visitas no Museo de Belas Artes co programa guiado "As mulleres no museo". Como vedes, a cousa ía de mulleres totalmente. Logo de comer, repoñer forzas e descansar un pouco, emprendemos o camiño de volta.

- 2º, 3º e 4º saíron tamén a Compostela, por dous días: asistiron ao teatro coa profe de Francés e asistiron a un concerto didáctico no Auditorio co profe de Música.

- Toda a ESO participa na actualidade nun plan de Prevención de drogodependencias, organizado polo Departamento de Orientación.

- O club de Lectura está en "efervescencia" e iso e algo que nos ten ben ben content@s: novas lecturas para 1º e 2º da ESO, Relato de un náufrago de Gabriel García Márquez e Fortunato de Trasmundi de Darío Xohán Cabana, nova lectura para 4º de ESO e 3ºESO, alumnos de 3º por fin se decidiron, Maus de Art Spiegelman. Se queredes saber máis sobre as lecturas, pinchade na portada dos libros, nos gadgetes da dereita. Tamén o club de adult@s "ferve": máis compoñentes e máis lecturas, Madame Bovary de Gustave Flaubert, xa rematada, e Las uvas de la ira de John Steinbeck.


Como podedes comprobar, imos a bo ritmo, aínda que non sei se tanto como os nosos compañeiros do IES Maruxa Mallo de Ordes, que se curraron un lip dub ( http://es.wikipedia.org/wiki/Lipdub ) realmente espectacular. Non podedes deixar de velo, aquí: http://www.youtube.com/watch?v=7FrGa78yRh4 Hai que ver canta animación hai na nosa comarca!!

Ningún comentario: