A ver, lector@s de 3º y 4º, ante o interese despertado por seguir compartindo tempos arredor dun libro, o cal aos profes que levamos o club fainos moi moi felices, imos propoñervos dous, a falta de un, para as próximas semanas....
O primeiro, El curioso incidente del perro a medianoche de Mark Haddon. Unha novela ben curiosa da que podedes obter información e opinións aquí, nunha páxina que se chama "Dimensión friki", casi ná!!
O segundo, un comic para adultos, visto o éxito de Maus, pero dunha temática totalmente diferente, xa que din que na variedade está o gusto, non é verdade? De sangre y ron, mi Cuba, de Fran Jaraba. Aquí vos deixo un enlace para que lle botedes unha ollada e vos animedes a apuntarvos ao club. Está sacado da páxina "Planeta comic".
Antes de despedirnos...un par de cousiñas....Para lectura de Maus, moit@s de vós apuntástevos e tivemos que comprar máis exemplares do libro para que houbese para tod@s, e finalmente non participastes na actividade. Intentemos ser un pouco máis consecuentes, xa que os cartos para a biblio non caen do ceo e se nos chega cos exemplares que hai, é tontería mercar máis exemplares dun mesmo libro, se logo non ides participar na actividade, non vos parece? Seguro que o entendedes, e o teredes en conta. Iso sí, encántanos compartir lecturas convosco, animádevos con estas propostas!! (Por certo, a devolver Maus, @s que aínda non o fixeches)
Podes apuntarte xa aquí, deixando un comentario, ou ben pasarte pola biblio, e así verás os libros, ou avisar aos profes que levamos o club. Grazas pola túa participación!
1 comentario:
DE sangre y ron mi cuba
portos
Publicar un comentario