Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 19 de decembro de 2011

Moita actividade na fin do trimestre


Acumúlasenos o choio estes días:
as recensións das lecturas/recomendacións d@s compañeir@s non paran, interesante charla sobre a Malaria en Africa (http://africastopmalaria.org/), os exames, as notas...e aínda hai máis:



1. Premiad@s: rematou o concurso, anunciado aquí e comunicado a tod@s a través do blog, no q premiamos a aquel@s que máis comentan, con xeitiño, iso si, as entradas que imos colgando no blog. Este trimestre destacamos a Alba (3º ESO) e Noelia (1º ESO) como as máis comentadoras e colaboradoras. Tamén destacamos a Iria (4º ESO) pola calidade das súas opinións e comentarios. Pasade a buscar o voso agasallo pola biblioteca, se non volo facemos chegar entre hoxe e mañá. Interésanos moito moito escoitar a vosa voz neste blog. É por iso que dende xa está aberto o plazo para @s que máis e mellor comentan, a@s que agasallaremos ao remate do segundo trimestre. As evolucións dos comentarios aí á dereita na pantalla.

2. Charla lúdico/informativa: o Portugués simple. A nosa vantaxe competitiva como galegos e galegas é a lingua, que nos abre un mundo de posibilidades a nivel mundial (Ollo MUNDIAL!!). Para facernos caer máis na conta deste feito, desta fortuna da que disfrutamos como galego-falantes, mañá teremos unha actividade organizada polo Equipo de Biblioteca, coa colaboración do Equipo de Normalización Lingüística (@s que apoiaron económicamente a cuestión). Disfrutarémolo, xa veredes. Para máis información: http://agal-gz.org/blogues/index.php/ops/

3. Partidazo de fútbol: profesoras/alumnas. Tamén mañá, a segunda hora, terá lugar un feito histórico no CPI de Trazo. Chicas, tende piedade das profes, que somos novatas nisto do balompié, o deporte rei. Parece que as peticións de Verónica (3º ESO) foron escoitadas: http://blogs.prensaescuela.es/matematicasdiariasentr4az02/2011/11/09/liga-femenina-2/

Isto é un non-parar. Seguiremos informando!!
Enlace

9 comentarios:

TAMARA dixo...

O partido foi unha cousa moi divertida e que se deberia repetir mais veces.
Gañe quen gañe todos o pasamos moi ben.

laura dixo...

A charla que nos deron sobre o portugués e todo iso foi moi interesante.
Porque nos explicaron que sabendo o galego que no abrían moitas portas gracias ao portugués.

Alba Docampo Noya dixo...

Jejejje moitisimas grazas polo agasallo.Respecto o partido moi emocionante noraboa a todas polo partido de oxe.Respecto a charla do galego-portugues encantada da vida nunca pensei que ia entender o portugues e oxe puiden comprovar que se entende perfectamente.

Noelia Casas García dixo...

O 1º Moitiiiiisimas grazas polo agasallo.
O 2º que teño que dicir é, que a actividade do Galego-Portugués pareceume moi interesante. Aínda que nós os de 1º xa traduciramos un conto do Portugués ao español pareceume unha moi boa charla, ¡Cada día neste colexio temos mellores actividades!

Respecto ao partido. Pareceume unha boa idea, Pero creo que deverían xogar rapazas de todos os cursos, Non digo eu tan sequera porque eu non sei xogar, pero pareceríame ben que 2 rapazas de cada curso que xogaran ben deberían xogar.
Pero aínda así estivo ¡Xenial! Todo

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Grazas, como sempre, polos vosos valiosos comentarios.
O partido foi unha proposta das rapazas de 3º de ESO, as profes nin organizamos nin decidimos, só aceptamos a proposta.
Alégranos moito que disfrutárades coa actividade de "O portugués simple". Seguiremos achegándonos ao mundo lusófono nos seguintes meses.

Marta Otero Ramas dixo...

o partido foi o mellor e a charla estuvo moi ben tamen!!!

Cristina Deus García dixo...

Cada día o colexio fai actividades novas e mais interesantes, que fan que cada vez se convirta nun colexio mellor. Eu tamén digo que o partido estivo moi ben e a charla tamén, nunca pensara que entendería o portugues.

Jennifer dixo...

Volverase a xogar outro partido?( dos maestros)

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Pois non vexo por que non. Hai q buscar o momento axeitado....