Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 17 de xaneiro de 2012

Conta de Libros (XI): A cabeza da medusa, Marilar Aleixandre



Principia a CONTA DE LIBROS deste trimestre. Os nosos parabéns a Verónica que aproveitou o tempo de lecer do nadal para facer unha nova ficha de lectura. Velaquí:

A cabeza da medusa, Marilar Aleixandre, Col. “Fóra de Xogo”, Xerais

Para min este libro foi un dos mellores que lin e do que logo tivera que facer un traballo. É dicir, eu xa facía tempo que tiña gaña de ler este libro porque xa o tiña pensado ler no verán, pero como non me deu tempo estivo moi ben que o puidese elixir para ler na materia de Lingua Galega. O traballo resultoume algo máis complexo de realizar xa que tiña que manexar moitos datos e personaxes, aínda que a historia xa era complicada de explicar de por si. Nunca lera un libro tan relacionado coa sociedade e ao mesmo tempo con temas sexuais, e para ser a primeira vez estivo moi ben xa que os personaxes me caeron moi ben, as historias de amor entre os adolescentes foron xeniais e ademais o que completou o libro foron as historias dos deuses, xa que aprendín moito tanto desas historias como do sistema educativo.
Grazas a este libro son quen de ver a verdadeira amizade, a protección da familia, a visión da sociedade … e sobre todo a pensar detidamente as cousas para mellorar o futuro.

Verónica Barreiro Calviño (3º)

Ningún comentario: