Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 15 de xaneiro de 2012

O escritor galego Agustín Fernández Paz incorpórase á Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz

O escritor lucense Agustín Fernández Paz e a bonaerense Ema Wolf foron as últimas incorporacións da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes ó seu portal de Literatura Infantil e Xuvenil.

Dirixido por Branca-Ana Roig Rechou e María Isabel Soto López --da Universidade de Santiago de Compostela--, o portal que a Biblioteca Virtual dedica a Fernández Paz recolle fragmentos das súas obras máis importantes, algúns estudos sobre a súa obra e un completo álbum gráfico.

Paralelamente, a sección dedicada a Ema Wolf, dirixida por Alicia Salvi -- da Universidade de Bos Aires--, recolle varios dos seus textos literarios, ademais de conferencias, ensaios e artigos, así como unha aproximación biobibliográfica e unha galería de imaxes.

A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes foi creada en 1999 por iniciativa da Universidade de Alacante, Banco Santander e a Fundación Marcelino Botín, e desenvólvese na actualidade baixo a tutela da Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, que preside o escritor Mario Vargas Llosa. O seu obxectivo é a difusión da literatura e as letras iberoamericanas no mundo e para iso ofrece, a través da rede, libre acceso a máis de 130.000 rexistros bibliográficos.


Visto en www.galiciahoxe.com

Ningún comentario: