Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 27 de marzo de 2012

Conta de Libros (XXII): O porco de pé, Vicente Risco








Este libro está moi ben estruturado nas súas partes. Vai contando as historias que lle pasan a don Celidonio durante a súa vida. O único fallo que eu lle vexo é que se complica moito cando fai unha pausa para explicar unha cousa, e ás veces vaise do tema polas ramas. Tamén ten unhas enumeracións moi grandes que te confunden e algunhas veces cansan. Despois de todo é un bo libro cunha boa historia e un bo tema. Para ler está moi ben, pero para comentar non tanto.




Alberto Pardal Noya (4º)

4 comentarios:

Jennifer dixo...

Non sei se o título ten relación co conto, pero parece chulo.

Noelia Casas García dixo...

Este libro está tamén moi chulo:)

Laura dixo...

Eu tamén lin este libro e está moi chulo.

Anónimo dixo...

Eu estouno lendo pois e un dos libros obligatorios do curso, pero pareceme un pouco complicado de entender, e como ven comentaches na entrada as veces vaise moito polas ramas... Ademais fai referencia a moitas persoas que nunca oin falar delas (falta de cultura pola miña parte). A pesar de todo isto pareceme un bo libro, cun bo tema.